RGPD - Cookies
Sucesos

Arden catro contedores do lixo en catro rúas de Vigo en apenas 20 minutos

A Policía Local de Vigo investiga quén está detrás da queima de catro contedores do lixo, en diferentes rúas da cidade, en apenas 20 minutos. Ás 6.30 horas plantaron lume a un deles no cruce de Venezuela con Simón Bolívar: ás 6.39 horas prendeu outro á altura do número 5 de Fernando Conde, casi que á mesma hora, ardeu un terceiro colector amarelo diante do número 3, na mesma rúa.

Pasadas ás 6.45 horas os axentes acudiron ao 104 de Gran Vía. Dada a proximidade entre os lumes, e o xeito de prender, o 092 sospeita que foi o mesmo grupo o autor dos feitos.


 

También te puede interesar