Sucesos

O sancristán de Coimbra agora dí que deixará os santos a escuras

Será así porque o Goberno portugués decidiu adeantar ao último trimestre deste ano a subida do IVE aplicado ao consumo de gas e electricidade nos fogares e empresas do país…e non é unha subida calquera, senon que pasará do tipo reducido actual, do 6%, ate o tipo xeral do 23%! A medida que tiña que aplicarse dende 2012, adiántase varios meses permitindo un ‘aforro’ de 100 millóns de euros, algo moi importante para chegar á reducción do déficit luso ao 5,9% do PIB en 2011.

Segundo dixo o ministro de Economía, “unha das medidas de consolidación previstas para 2012 adiántase ao derradeiro trimestre de 2011”, ainda que, aclarou Vítor Gaspar, as familias con menos recursos poderán beneficiarse dunha “tarifa social”.


 

También te puede interesar