Comarcas

As Neves aposta pola formación a desempregados

Dentro dos diferentes programas promovidos pola Concellería de Benestar do Concello de As Neves, estase a levar a cabo un curso de formación en ‘Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais”. O mesmo, segundo asegurou o alcalde, está destinado a persoas desempregadas que deberán estar anotadas na oficina de emprego.

Raúl Emilio Castro salientou a importancia destas actividades formativas coma un paso adiante para “facilitar a integración dos desempregados da vila no mercado laboral”, apreciación na que están dacordo os participantes no devandito curso, que está subvencionado pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, e que ten unha duración de 478 horas.

A esta iniciativa uniranse outra, xa no mes de setembro, que ten coma destinatarios aos máis novos e que intégrase no programa ‘Actívate 2011’, da Deputación de Pontevedra. Trátase dun curso de ‘Formación Básica para Monitores de Tempo de Lecer’, dirixido a mozos e mozas de 16 a 35 anos, que estén en situación de desemprego. O mesmo terá unha duración de 30 horas lectivas e desenrolarase nas dependencias do Concello a primeira quenda do mes de setembro.


 

También te puede interesar