Galicia

O Partido Popular agarda “unha mala nova” en relación coa saúde de Fraga

A preocupación polo estado de saúde do ex presidente Fraga é patente no Partido Popular. Segundo fontes do mesmo consultadas por esta redacción, o senador lucense, de 89 anos, “está delicadísimo, agardamos unha mala nova”. Proba delo é a homenaxe que lle fixo este domingo o presidente da Xunta, quen reivindicou a súa figura “imitando a lealdade e a unidade que o caracterizan para superar a crise”.

No marco da LIX Festa do Albariño, Feijóo lamentou a ausencia do seu predecesor e animou aos presentes a “recompensar a devoción de Fraga por este evento “facendo coma él” ao tempo que salientou a sua entrega e exemplo para “ non caer no enfrontamento, porque él siempre puxo por diante, e con acierto, a defensa de Galicia e de España”.

Feijóo lembrou que Fraga “axudou a elaborar a Constitución, liderou a oposición en España en intres determinantes y dirixou boa parte da modernización de Galicia”.


 

También te puede interesar