RGPD - Cookies
Galicia

Este ano temos coma estacións o inverno, outono, a do autobús e a do tren

Xa está científicamente comprobado. Por se tedes dúbidas a cousa vai así: durante a primeira metade do día, o ceo estará moi anubrado ou cuberto con precipitacións, moderadas, máis probables e frecuentes na metade oeste e en zonas altas. Apertura de claros e remisión das chuvias a partir da tarde.

Eso sí, aínda que non se vexa, porque o que apetece e quedarse metido na cama, as temperaturas non experimentarán cambios significativos ou, se cadra, baixarán algo no no interior.

Dito de xeito máis craro: este sábado, unha borrasca moverase cara ó leste preto do litoral norte de Galicia, traerá choivas, coma xa podedes ver e, se cadra, polo serán abriranse os ceos, semella que para que saia o sol e non para que sega caendo auga.


 

También te puede interesar