Galicia

Milleiros de personas esixen en Compostela ‘Soberanía, Democracia e Traballo’ para Galiza

No acto os presentes reivindicaron máis democracia, máis soberanía e máis traballo na Galiza. O voceiro nacional do Bloque reivindicou un “novo modelo de Unión Europea” e amosou a necesidade de botar ao lixo o neoliberalismotemos que apostar por unha política distinta: a actual lévanos a un calexón sen saída”, asegurou.

Baixo o lema ‘Soberanía, Democracia e Traballo‘, os manifestantes saíron pasadas as 12 e media do serán da Alameda para chegar á Quintana coreando ‘Galiza ceibe poder popular’, ‘Na Galiza en galego’, esixindo a autodeterminación, portando carteis coa imaxe de Rosalía e Castelao e suxeitando outros nos que se leía ‘tempo de compromiso con Galiza’.

O Bloque tamén invitou a 19 delegacións do resto e de fora do Estado, entre elas de Aralar, Eusko Alkartasuna, o Partido Nacionalista Vasco, Esquerra Republicana de Catalunya, Bildu ou do Fronte Polisario. Logo da movilización, coma cada ano, tivo lugar un xantar na Carballeira de Santa Susana.


 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.