Vigo al minuto

Cidadáns de varios países achéganse á Festa do Tinto das Rías Baixas en As Neves

A sexta Festa do Tinto das Rías Baixas arrancou este sábado en As Neves coa lectura do pregón a carrego de David Barco, campeón de Galicia de somelliers os anos 2004, 2005 e 2007 quen salientou as cualidades dun caldo do que dixo, ano tras ano, vai gañando adeptos.

Barco sinalou a categoría dos viños do Condado con especial referencia ao famosísimo ‘Tinto de Rubiós’, un dos mellores productos da terra. Antes, o alcalde, Raúl Emilio Castro, logo de salientar o carácter artesanal destos caldos, que amosan o bo traballo do sector agrario da comarca en xeral, e do de As Neves en concreto, invitou a todos os visitantes a disfrutar destos dous días no concello, “aproveitando para disfrutar da paisaxe, a comida, a festa e a hospitalidade dos nevenses”.

As palabras do alcalde foron escoitadas con especial atención por varios dos presentes, en especial por Christe y Ana Morling, unha parella chegada de Suecia que, cada ano, dende hai máis de 30 anos veranean na capital do Condado e que aproveita os seus períodos de descanso para escoller unha rexión e visitar as súas adegas e que, nesta ocasión, e “logo de enterarnos consultando Internet”, decidiron facer a súa primeira cata de viño tinto “xa que sempre optamos polo branco”.

Tamén había varios cidadáns daneses, que chegaron invitados por un familiar que vive en As Neves e que participaron na cata, dirixida por Jorge Hervella. Un caso similar é o do granadino Juan Miguel Arco, quen aproveitou a estancia cuns familiares para achegarse ao Centro Social Diz Garrido, e coñecer este tinto do que dixo que o sorprendeu pola súa “calidade”.

E Juan Miguel non iba desencaminado, xa que na edición de este ano, secundada pola Denominación de Orixe Rías Baixas, participan adegas da solvencia, a traxectoria e a sona como Bodegas Cotoredondo, de Rubiós, Quinta Couselo, O Rosal, e Zárate, Forjas do Salnés e D’arvelos, as tres do Salnés.

Logo destes actos, segue o programa da Festa cun pasarrúas, coa Charanga Apeles, ás 5 da tarde; o XVII Festival Folc, no que actuarán o Grupo Folc Sikharuli de Xeorxia e as Pandereteiras de A Buxaina; verbena e queimada popular, ás 11 da noite, co Trío ‘Los tres Latinos.

O domingo, día 24, o día empezará ás 11 cun pasarrúas coa Charanga Trouserghas, seguirá ás 7 da tarde cunha Festa Infantil e Teatro na Rúa no que Troula Animación representará ‘A Invasión Pirata’, e rematará ás 9 da noite cun Concerto a cargo da Banda de Música de Guláns (Ponteareas).


 

También te puede interesar