RGPD - Cookies
Galicia

A CIG denuncia que a Xunta ven de suprimir máis do 15% do profesorado en Infantil e Primaria

A ampliación do alumnado por aula ata o máximo ratio permitido por Lei «ven de ser aproveitada pola Xunta para suprimir postos de traballo», segundo denuncia o sindicato STEG.O devandito recorte “estendeuse ás etapas de Infantil e Primaria”, segundo subliña a CIG, dende onde se a medida afectará a o 15,43% do profesorado de 95 centros.

Este recorte “aplicado a través da supresión de desdobres, afecta ao profesorado definitivo nos centros e ás adxudicacións de docentes provisionais, a falta de «confirmarse ata onde chegan as cifras relativas a secundaria». En concreto, continúa a CIG, son 95 os centros de infantil e primaria que van sufrir recortes, dos que 14 son escolas unitarias que «desaparecen definitivamente«.

A maior incidencia, asegura a central nacionalista, darase na provincia de Lugo, cun 21,8% de docentes afectados, seguida de Ourense, cunha media do 15,9; Pontevedra, o 14,07%, e A Coruña, cun 12,9%.A CIG asegura, ademáis, que se eliminarán 32 unidades de educación infantil e ata 77 de primaria, que en Lugo chega a afectar a case o 20 % das unidades.


 

También te puede interesar