Comarcas Galicia

O primeiro galego coñecido podería ser de Arbo

Un equipo de oito arqueólogos do Instituto de Estudos Miñoranos iniciará este xoves a segunda fase de escavacións coa apertura de catro novas catas no xacemento de O Cabrón que ampliarán substancialmente a superficie escavada o pasado verán. O depósito contén un tesouro arqueolóxico que tén entre 200.000 e 500.000 anos que, moi probablemente, permitirá acceder aos restos tal cal o deixaron aqueles antigos habitantes de Galicia, dada as condicións xeolóxicas da zona. Os investigadores consideran que esta segunda fase pode fornecer novos datos para coñecer os primeiros poboadores de Galicia, un dos lugares de habitación humana máis antiga e en mellor estado de conservación , podese dicir que “ o primeiro galego coñecido era de Arbo”.

Dende o Concello de Arbo pretendese facilitar e impulsar os traballos arqueolóxicos que permitiran non só subliñar a particularidade de Arbo senón tamén abrir novos camiños de actividade económica, e aproveitar esta gran oportunidade para impulsar o turismo rural e o turismo cutural. Esta acción, en colaboración co IEM, insírese nunha estratexia máis ampla de posta en valor do patrimonio arqueolóxico, tan abundante naquel concello.

O calendario de actividades nesta segunda fase de excavación será o seguinte:

Xoves 21 xullo: inicio da escavación.

Luns 25 de xullo “Xornada de Portas Abertas”

Primeira quenda 11:30

Segunda quenda 18:00

Sábado 30 de Xullo “Xornada de Portas Abertas”

Primeira quenda 11:30

Segunda quenda 18:00

Conferencia Museo do Viño 20:30

Título: “O xacemento do achelense do Cabrón (Arbo) no contexto do Paleolítico antigo peninsular”


También te puede interesar