Cultura Galicia

Para a Unesco, Enrique Orche ben vale un Potosí

Duvi/ Os afundimentos que se están producindo no Cerro Rico de Potosí, un dos xacementos mineiros máis importantes de Bolivia, como consecuencia dunha explotación inadecuada e insostible, está poñendo en perigo a súa catalogación como Patrimonio Natural e Cultural da Humanidade, un título que lle fora outorgado en 1987. Co fin de achegar ideas e buscar unha solución a esta situación, a UNESCO formou unha comisión de seis profesionais de diferentes partes do mundo entre os que se atopa o catedrático da ETS de Enxeñaría de Minas Enrique Orche, apaixonado da minería colonial e profesor de longa traxectoria na participación en distintos proxectos de contido social.

Tras regresar da súa viaxe a Bolivia desta misión internacional que nace co obxectivo de salvar esta emblemática mina colonial da que saíu gran parte da prata remitida a España, explotada dende 1545, o profesor asegura que a importancia de Potosí e da súa prata «reflíctese en que chegou a cambiar a orde económica europea e mundial xa que as moedas acuñadas con este mineral tiñan circulación internacional. Hoxe en día segue sendo un lugar emblemático».

A nacionalización da minería provocou que os pequenos mineiros de grupos sociais pobres acudiran con explotacións rudimentarias, pouco técnicas e coa mínima seguridade e acabando con 15.000 mineiros explotando o cerro «a un ritmo insostible, o que fai que se produzan afundimentos na mina como o que sucedeu na cúspide, onde hai un cráter de 20 metros de anchura e 50 metros de profundidade«, recoñece Orche. A única solución pasa por un informe feito por estes seis expertos coas alternativas posibles que lle permitan ao Cerro manter o título, o que implica actuar sobre unha minería que xa se atopa nunha situación social complicada.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.