Ciencia y Tecnología Destacados

350.000 dólares para ver onde nos leva a economía enerxética

Os tres investigadores que levarán a cabo o proxecto.
Os tres investigadores que levarán a cabo o proxecto.

Duvi/ Obter conclusións rigorosas e neutrais sobre os retos aos que se enfrontan cidadáns, empresas e gobernos no ámbito da enerxía. Con este obxectivo a Universidade e Alcoa poñen en marcha un proxecto de investigación no que a compañía, líder mundial na fabricación de aluminio con máis de 2.000 empregados en Galicia, inviste 350.000 dólares para a contratación de tres investigadores especializados que durante dous anos levarán a cabo diferentes traballos en torno a cinco grandes liñas de actuación: demanda de enerxía, seguridade de subministro, innovación, efectos económicos das políticas enerxéticas e ambientais e prospectiva regulatoria.

Para pór en marcha o proxecto, contratouse xa a tres investigadores posdoutorais que o levarán a cabo e que hoxe acudiron tamén á presentación. O alemán Klaas Würzburg, doutor pola Universidad de Colonia, centrará o seu traballo na análise dos custes das medidas da eficiencia enerxética en España, ademais de ocuparse da relación entre os prezos da enerxía e de outros bens manufacturados e de alimentos, así como de investigar o deseño e efectos de diversas políticas de promoción de enerxías renovables en distintos países europeos.

De xeito complementario, o vasco Luis Rey, doutor polo Instituto Universitario Europeo de Florencia, dedicará o seu tempo á modelización económica da seguridade enerxética, cun particular análise dos efectos macroeconómicos e dos custes de posibles rupturas no subministro no caso español, así como ao deseño e efectos de políticas de eficiencia enerxética nos edificios.

O terceiro investigador contratado é o marroquí Mohcine Bakhat, doutor pola Universitat de les Illes Balears. Neste caso o seu labor centrarase na modelización da demanda de enerxía, a análise dos efectos e deseño dos tributos enerxéticos, “sen pasar tampouco por alto o estudo da volatilidade dos prezos de bens enerxéticos”, subliñou o responsable de Economics for Energy, Xavier Labandeira.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.