RGPD - Cookies
Galicia

A Santiago andando e co emprego dando

Esquivando o cansazo acumulado, as pendentes do camiño e as elevadas temperaturas, as marchas polo emprego que dende o mércores percorren Galiza continuaron hoxe a bo ritmo. Ademais, un grupo de desempregados e desempregadas de Pontevedra sumábase a marcha que o xoves partiu de Vigo, mentres os participantes das marchas de Ferrol e A Coruña xuntaban os seus pasos para continuar o camiño até Ordes, onde pasarán a noite.

A marcha de Vigo afrontou hoxe a súa segunda etapa, a máis dura do percorrido de catro xornadas cara a Santiago de Compostela. Despois de pasar a noite en Pontevedra abandonaban a cidade do Lérez pasadas as nove da mañá tras unírselle un grupo de desempregados e desempregadas locais. Por diante, os 35 quilómetros de distancia até Pontecesures, onde pasan a noite.

También te puede interesar