Cultura Galicia

Galicia Hoxe conta a súa última nova

En total, 19 xornalistas e filólogos á rúa dende mañá mesmo. Galicia Hoxe, herdeiro de O Correo Galego e único diario integramente en galego, pecha mañá as súas follas de xeito definitivo despois de que un renovado grupo Correo Gallego decidira pechalo pola crise e, sobre todo, polo recurte das axudas institucionais para un proxecto “único”.

Primeiro co Correo Galego dende 1994 ata 2003 e logo con Galicia Hoxe, que naceu o 17 de maio de 2003, o Grupo Correo iniciaba unha aventura coa que durante 18 anos “apostou con decisión pola información en galego” cun importante desembolso de cartos e medios. Agora di adeus despois de 8 anos de traballo, 2.943 números e máis de 130.000 páxinas, aínda que manterá a súa cabeceira en Internet.

También te puede interesar