Galicia

As Illas Atlánticas múdanse ao Casco Vello

O edificio Cambón, un emblemático inmoble no Casco Vello de Vigo, abrirá as súas portas como sede administrativa do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e como Centro de Interpretación, abandonando as instalacións do Cetmar. Xunta e Goberno central traballarán no deseño e realización dos contidos do Centro de Interpretación do Parque e crearán unha comisión de traballo para dotar este Centro de Interpretación de diferentes contidos divulgativos e educativos.

Este proxecto se5rá un perfecto complemento do propio Parque á hora de poñer en valor os seus recursos naturais e que está situado nun lugar estratéxico, en pleno casco vello de Vigo e preto da zona de atraque de transatlánticos.

También te puede interesar