RGPD - Cookies
Comarcas

O Concello de Salvaterra convírtese en chatarrero

A idea: retirar a chatarra que estorba ao tempo que se recaudan cartos. No ano 2008, o Concello de Salvaterra vendeu toda a chatarra que tiña almacenada na contorna do edificio consistorial e da estación de tren, co que ingresou entre 5.000 e 8.000 euros. Sen embargo, o BNG municipal vén de denunciar que eses ingresos non aparecen recollidos nas contas municipais nin no ano 2008, nin no 2009 ou 2010.

Por iso no pleno do pasado 25 de abril o grupo nacionalista preguntou onde está anotada a contrapartida económica da venda desa chatarra, quen cobrou ese diñeiro e por que non está reflexado nas contas municipais. A día de hoxe ninguén contestou por escrito ás preguntas, como aseguraran.

También te puede interesar