Galicia

Case un trasplante ao día en Galicia

Un 23% máis que o ano pasado. Entre xaneiro e abril, os quirófanos galegos acolleron 108 trasplantes de órganos, 31 deles de doazóns tras o falecemento dalguén e 7 de ril de doante vivo que fixeron posibles 53 transplantes de ril, 27 de fígado, 16 de pulmón, 7 de páncreas e 5 de corazón.

Para concienciar á poboación, o Sergas comezou a realizar intervencións educativas dirixidas a dotar de coñecementos e mellorar a opinión sobre este tema entre adolescentes e mozos. O resultado foi que o 84,5% dos rapaces preguntados doaría un órgano, unha cifra que se eleva ata máis do 97% cando se trata de acatar a decisión dun familiar de doar os seus órganos.

También te puede interesar