Ciencia y Tecnología Galicia

Se o neno é problemático, non perdas de vista aos seus pais

Da igual o que fixera e a idade, calquera menor é responsable dos seus propios actos. Por iso a Lei de Responsabilidade Pena do Menor non permite facer ningún seguimento aos pais dos menores implicados nalgunha ilegalidade, o que choca de xeito frontal coas conclusións sacadas polo investigador Luis Basanta, que na súa tese de doutoramento comprobou que a competencia parental é unha contorna familiar problemática inflúe no mal comportamento dos rapaces e propón establecer mecanismos “de apoio, de orientación e de seguimento a eses pais co obxecto de modular aqueles factores que poidan contribuír a incrementar a actividade delictiva”.

As conclusións son duras: aínda que non todas as familias desestructuradas acaban con menores problemáticos, a investigación resalta que nas familias do máis dun cento de nenos analizados hai baixos niveles educativos e laborais nos adultos, dificultades na intelixencia emocional e baixos procesos de supervisión e guía aos menores, que ao mesmo tempo son “antecedentes de alteracións psíquicas nos pais”.

Diferenza varias actuacións parentais en función da traxectoria delitiva do neno: se son menores en risco de delinquir, “os pais ofrecen unha pobre supervisión aos fillos, prácticas disciplinarias severas, con utilización de castigo físico e escasa atención ás emocións persoais”; no caso de menores reincidentes apréciase “que os proxenitores manteñen altos niveis de pobre supervisión, con condutas neglixentes unido ao emprego de estratexias inadecuadas de descarga emocional”; e en condutas xa gravemente violentas, “os pais apelan á resignación como estratexia emocional para aliviar o sufrimento, actitude contraria á dos proxenitores de menores que piden perdón ás súas vítimas, que dalgunha forma se responsabilizaron e actuaron sobre os feitos dos seus fillos”.

También te puede interesar