Comarcas Galicia

En folga de fame para pedir un servizo de Grumir estable en Redondela

Son seis e están dispostos a manter a folga de fame ata que o corpo aguante, aínda que despois dunha semana moitos xa están débiles de máis. Son seis antigos traballadores do Grumir de Redondela, que levan dende o pasado luns sen probar bocado e acampados ás portas do Concello para reivindicar un servizo de emerxencias estable nesta localidade, xa que polo momento non se poden cubrir nin noites, nin festivos nin fins de semana polo axustado do persoal, tres personas, como demanda a Lei de Emerxencias de Galicia.

Hai unhas semanas o responsable municipal deste servizo se reunía con membros dos equipos de emerxencias de concellos como O Grove nun principio para ver cómo funcionaban, aínda que os ex traballadores denuncian que o que trata o Concello é de descentralizar o servizo botando man doutros municipios para atender as emerxencias.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.