RGPD - Cookies
¡Que se curren tu voto!

Bas gaña pulo cara a xornada de reflexión ceando arroupado por 600 simpatizantes

Despois de 15 día de intenso traballo, reunións e xuntanzas polas 14 parroquias de Redondela, Javier Bas, candidato á alcaldía polo Partido Popular, celebrou o peche da campaña electoral cunha cea mitin, no pavillón de Chapela, á que acudiron ademais do seu equipo ao completo unhas 600 persoas.

Afiliados, simpatizantes e veciños quixeron arroupar ao PP redondelán, que durante toda a campaña tivo como lema central o cambio no municipio, lema que se repetiu esta noite: “Redondela quere o cambio”. Un cambio que os populares esperan que chegue da man de Bas, por iso “o vindeiro domingo debemos alcanzar a maioría absoluta evitando así calquera tipo de matrimonio de conveniencia como pasou nos últimos anos”, subliñaba Bas dirixíndose aos asistentes e pedíndolles que acudan a votar, “a votar a única alternativa para dirixir con eficacia e eficiencia o Concello de Redondela e rematar, dunha vez por todas, con 30 anos de parálise”.

 

También te puede interesar