Cultura Destacados

Das aulas ao mercado laboral nun chimpo

Duvi/ Ante a situación actual de paro, que afecta sobre todo á poboación xuvenil, Universidade e Concello póñense mans á obra para desenvolver propostas activas que leven á consolidación de novos horizontes laborais para a xuventude viguesa. A sinatura esta mañá dun convenio de colaboración permitirá a posta en marcha dun Plan Integral de Emprego Xuvenil que porá sobre a mesa diferentes ferramentas para potenciar a empregabilidade xuvenil. O reitor, Salustiano Mato; o tenente de alcalde, Santiago Domínguez e a concelleira de Xuventude, Iolanda Veloso, foron os encargados de rubricar un acordo “co que nos poñemos a traballar conxuntamente para que a mocidade teña máis doado acceder ao mercado laboral”, salientou o reitor vigués.

Co plan estratéxico da Área de Emprego da Universidade como base, o novo Plan Integral de Emprego Xuvenil centrarase nos mozos e mozas que, unha vez rematados os seus estudos, precisan mergullarse no mercado laboral. A idea, segundo expuxo o reitor vigués, é estender diferentes iniciativas que xa se están levando a cabo dende a propia Universidade para os titulados universitarios e indicar de que maneira, en colaboración co Concello, se pode axudar de forma extensiva á xente moza a penetrar no mundo laboral. “Dende xa”, subliñou o tenente de alcalde, o equipo de traballo da Vicerreitoría de Transferencia do Coñecemento está a traballar neste plan que “ten que ser e vai a ser esa gran folla de ruta que nos próximos meses o goberno municipal teña que pór en marcha para acadar, dentro das nosas posibilidades, a reactivación económica”.

O plan concrétase en dous eixes de actuación fundamentais: autoemprego e guía de acceso ao mercado laboral. No que a emprendemento se refire, farase fincapé en asesorar ás persoas interesadas en crear a súa propia empresa nas diferentes formas de aproveitar as oportunidades ás que pode acceder e, a outra liña, centrarase en axudar á xuventude no seu “mergullo laboral”, o que inclúe dende asesoramento en formación e busca de información ata como pór en valor os coñecementos e capacidades de cada persoa e harmonizalos coa busca dun emprego, “é dicir, non todos os lugares, nin todas as ofertas, nin todas as posibilidades son as máis axeitadas para as capacidades e expectativas que cada un ten”, subliñou o reitor.

Nace a Rede Cultural Univer-Cidade de Vigo

Ademais de emprego, a colaboración Concello-Universidade fortalecerase tamén no aspecto cultural e deportivo “ámbitos nos que xa vimos colaborando dende hai anos”, apuntou o tenente de alcalde. Esta revitalización virá da man de RECUVI, a nova Rede Cultural Univer-Cidade de Vigo unha “ventanilla única”, indicou o reitor, coa que a Universidade porá a disposición da cidadanía toda a súa produción cultural e deportiva. “Trátase de mergullarse na cidade, fundamentalmente nos barrios e nas parroquias, de estreitar lazos de colaboración sociocultural e de alicerzar e incrementar a presenza social da Universidade na nosa sociedade”, indicou o reitor.

Para este fin a cidade de Vigo establecerá unha rede de nódulos con persoas responsables en todas as asociacións veciñais, culturais, recreativas e deportivas da cidade, co obxecto de que o fluxo de formación e información sexa continuo e recíproco, que a cidadanía demande da Universidade e que esta responda ás demandas cidadás e motive outras dinámicas de intercambio de coñecemento.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.