Cultura Galicia

Galicia só ten ollos para Lois

17 de maio de 1963. Centenario da publicación dos ‘Cantares gallegos’ de Rosalía de Castro. Un grupo de membros da Real Academia Galega propoñía que coincidindo con ese día se establecese esta data como Día das Letras Galegas para recoller o latexo material da actividade intelectual galega. Hoxe, 48 anos despois, o que está no punto de mira, no eixo de todas as homenaxes, é por primera vez un autor tan cercano ao pobo e no tempo, xa que morreu aos 38 anos como un autor de culto e da contracultura.

Hoxe, o eixo das homenaxes estará en Monforte, terra natal do poeta, que en vida só publicou dous poemarios, ‘Poemas 1981/1991’ e ‘Poesía última de amor e enfermidade’. Concertos, música, danza, lectura de manifestos, exposicións e demáis sobre un escritor punk, pero tamén unha reedición da ‘Obra completa. Edición bilingüe’ de Lois Pereiro, 750 páxinas que recollen toda a traxectoria do escritor monfortino.

Aínda que en plena época electoral, o día será tamén o da presentación dos partidos do seu programa de defensa do idioma galego.

También te puede interesar