¡Que se curren tu voto! Vigo al minuto

Panificadora ou edificio Bandeira, mellor facultades

É unha proposta da Frente Popular Galega. Teñen as cousas claras: aposta polo paulatino traslado da Universidade de Vigo desde o campus nas Lagoas-Marcosende ao centro da cidade, aproveitando os espazos valeiros nas cidades, como naves industriais ou edificios ruinosos e históricos valeiros. A idea sería conseguir mediante a cesión, compra, promoción e rehabilización destes centros para logo transformalos nas distintas facultades que agora están no campus e darlle así á cidade un carácter universitario.

O exemplo a seguir, o da ETEA, que acadou “o título de Excelencia Europea, que nós valoramos moi positivamente e que serve para rematar co aillamento interesado desde a súa concepción franquista co fin de que o estudantado ficase á marxe da sociedade”. A pesares de non ser unha competencia exclusiva do Concello, a FPG propón unha colaboración total ata acadar o traspaso, ademais de empregar as instalacións do campus para as facultades de Enxeñaría Forestal e Ambiental e para a creación dunha colonia agrícola integrada nos montes comunais.

También te puede interesar