Vigo al día

A medicina ‘atrapa’ a 4.000 turistas en Vigo

En total, 10.000 pernoctacións entre médicos de familia, acompañantes, expositores e xornalistas especializados. O Congreso de Medicina Xeral reunirá a máis de 3.600 médicos de familia entre o 18 e o 21 de maio no Ifevi para analizar o presente e futuro da atención primaria, un dos primeiros 14  grandes eventos turísticos congresuais que acollerá Vigo ao longo deste ano, polos que se esperan que pasen máis de 12.000 persoas e que xeren un volume de negocio de 10 millóns de euros.

Aínda que o groso do congreso celebrarase no Ifevi, tanto o acto inaugural conducido polo actor Pablo Carbonell coma a clausura serán no novo Auditorio-Pazo de Congresos. O catedrático de Cardioloxía da Universidade de Santiago JR González recibirá o premio de socio de honra  que porá punto e final a 116 actividades, 16 delas simultáneas.

También te puede interesar