RGPD - Cookies
Comarcas Cultura

Cans vende 13 entradas por minuto

Cupo cuberto, polo menos por Internet. O Festival de Cans vendeu 200 entradas que incluían camiseta e chapa por Internet en menos de 15 minutos, un récord histórico. Se non chegaches a tempo, mañá poderás facerte con algunha das 600 entradas que se venderán para entrar a ver as curtas do concurso, xa que o resto de actividades son de balde. Ademáis, a asociación cultural Arela repartirá máis de 5.000 exemplares gratuítos de CanZine, a primeira revista oficial do Festival de Cans con toda a información sobre o fetival con colaboracións de luxo.

Consigue a túa entrada mañá no Torreiro de Cans a 8 euros entre as 13 e as 19 horas, para o que se respetará de xeito riguroso a orde de chegada. Ademais, se o que te preocupa é chegar porque entre o 18 e o 21 de maio só poderán entrar na vila organización e veciños identificados, haberá parkings de balde no pabellón polideportivo e autobuses gratis.

También te puede interesar