Comarcas

Alternativas á A-59 para non arrasar a metade de parroquias de Redondela

Priorizar a construcción da A-57 fronte á ampliación da AP-9 e seguir co trazado da chamada alternativa 11 en lugar da A-59, “a que máis danaría as parroquias de Redondela e que, curiosamente, só é defendida polo propio alcalde”, asegurou Javier Bas, candidato do PP á alcaldía de Redondela, que mañá (16:30 h) estará acompañado polo conselleiro Agustín Hernández nunha visita a Reboreda, na que se dará conta da situación actual deste proxecto que arrasaría coa parroquia e coas do Viso, Ventosela, Vilar, Quintela e Saxamonde.

Segundo os populares esta nova infraestrutura, tal e como a quere o bipartito, vai arrasar de novo o Concello de Redondela. “Así, no noso programa defendemos que imos facer todo o humanamente posible para que Redondela estea comunicada coa rede de autovías e autopistas, que teñamos unha conexión directa cara á meseta, e que non suframos por iso a barbaridade que suporía renunciar ao trazado da A-57, conectándoa con Peinador coa alternativa 11”, explicou.

O PP considera que levar adiante o trazado da alternativa 5, coñecido coma A-59, sería “botar pedras cara ao noso propio tellado. Desfacer de novo as parroquias, partíndoas pola metade, encher de afeccións a miles de terreos e expropiar a vivenda de moitos veciños, sen contar coa perda de calidade de vida, e do modo de subsistencia de moitas familias que queren seguir vivindo e disfrutando do rural”.

También te puede interesar