¡Que se curren tu voto! Vigo al minuto

Rubén Pérez, candidato EU á Alcaldía “Eu non defendo a todos os vigueses, senon aos que viven dun salario ou están desempregados”

N.REY/ A.ALBALADEJO/ N.FERNÁNDEZ Sen dúbida é un candidato de altura. Casi que 2 metros, aínda que iso non é o que o lle da máis altura, senon a convición coa que fala e a seguridade nas respostas, metidatas e longas, “enrrollome moito, xa o sei”. E Rubén Pérez, candidato de Esquerda Unida á Alcaldía de Vigo.

Vigo al minuto.- A primeira pregunta é sempre a mesma para todos os candidatos: quen é Rubén Pérez?

Rubén Pérez Correa.– Eu son Rubén Pérez, teño 33 anos, idade relativamente nova para a política pero levo en política dende os 16 anos como militante da Xuventude Comunista e, posteriormente, do Partido Comunista de Galicia e de Esquerda Unida. Son coordinador do GAE de Esquerda Unida aquí en Vigo dende hai dous anos e membro do consello político nacional de Esquerda Unida e preséntome por primeira vez nas eleccións aquí en Vigo, se ben é certo que participei en anteriores procesos electorais como responsable de proposta programática pero este ano foron os compañeiros os que dixeron que dera ese salto e que encabezara a candidatura, unha candidatura da que estou moi orgulloso porque representa unha traxectoria importante da esquerda social e política de Vigo.Son traballador dunha empresa do metal aquí na comarca e polo tanto considero tamén que somos unha candidatura de traballadores, de xente de a pé, pero que teñen un compromiso político cunha esquerda alternativa, que é o que vimos a representar nun momento no que pensamos que a esquerda que é o Goberno traicionou precisamente moitos valores programáticos da esquerda tradicional.

VAM.- Por situar aos lectores… qué ten que ver ou é o mesmo Esquerda Unida e Izquierda Unida?

RPC.– Vamos a ver, Esquerda Unida é a federación galega de Izquierda Unida. Esquerda Unida non é un partido político en si, senón que é un momento político e social. E dentro de Esquerda Unida confluíron partidos, como maioritario é o Partido Comunista de Galicia no que militamos moitos dos militantes de Esquerda Unida, e Esquerda Unida se funda no ano 86 ao calor das movilizacións da OTAN, é dicir, é unha forza que nace dun movemento social. E non é unha forza centralista como moitas veces se di, senón que nós dentro da proposta programática somos unha forza federal, entendendo que as federacións gozan de autonomía pero que voluntariamente confluimos nun proxecto común máis amplo que se chama Izquierda Unida en todo o Estado. De feito nós falamos de Izquierda línea federal.

VAM.- Cando falas de autonomía, en que medida estades supeditados a esa liña?

RPC.- Eu creo que é un avance importante, e poño un exemplo: Esquerda Unida confluíu en Galicia cunha forza galega que era Esquerda Galega, de Camilo Nogueira, e a decisión era soberana nese momento de Esquerda Unida. É dicir, os acordos ou os pactos no ámbito galego e a soberanía… O caso máis concreto no que moitas veces nos acusou de protonacionalistas que foi Esquerda Batua en Euskadi. Dentro da federalidade temos esa corresponsabilidade. Outra cousa é que nos quixeramos integrarnos en candidaturas doutros partidos de ámbito estatal como pasou no ano 97 con Anxo Guerreiro. Ahí obviamente é unha forza de carácter estatal e a parte importante de isto corresponde a todas as federacións agrupadas na estrutura federal. Nos somos unha forza que defende o dereito de autodeterminación das nacións e, por tanto, organicamente temos que defender ese dereito que nós como organización galega de Esquerda Unida tempos eses ámbito soberano. Pero para nada nos resta posibilidades políticas ou nos resta unha cousa que a nós nos interesa moito que é ser solidarios cos traballadores doutros pobos do Estado español. Prefiro ser solidario cun torneiro fresador en Extremadura que con Fernández Alvariño, presidente da patronal, por moi galego que sexa. Esa é a estrutura política que buscamos.

VAM.- Cales son as líneas programáticas máis destacadas para estas eleccións?

RPC.– Nos fixemos 7 eixos programáticos esenciais. Son amplos pero, para resumilos, un sería a creación de emprego, a prioridade, é certo que todos os partidos enfatizan niso pero nós presentamos o outro día as propostas de emprego e, sobre todo, a creación de emprego público, a creación de empresa pública sería un pouco o gran resumen, e a promoción do sector primario no Concello de Vigo. Eu son traballador do metal, eu sei como están as industrias nesta cidade porque a vivo como as vivimos todos os traballadores. Son un traballador regulado en ERE, sei o que está pasando en moitas empresas e precisamente sabemos que hai que buscar outros sectores que poidan axudar. Pensamos que temos o petróleo que é o sector forestal: hai un sector forestal e un sector primario agrario no noso rural. Eu son de Beade e creo que hai un abandono de terras evidente. Propoñemos a creación dunha empresa pública forestal e agroecolóxica para nutrir os mercados. Ese sería o gran eixo, dígoo para non enrollarme moito.Outro sería a democratización do Concello. Pensamos que esa é a gran débeda da esquerda que sucesivamente foi entrando na corporación municipal. Concello transparente, democrático, e aí a gran proposta que levamos son os orzamentos participativos e o modelo de participación da esquerda latinoamericana, sobre todo brasileña, pero que nós xa aplicamos en moitos concellos aos que chegamos. Incluso no Concello de Ferrol, que a pesar de ser expulsado do Goberno municipal esa parte non puideron erradicala, que os veciños teñan a capacidade, non as asociacións de veciños ás que ás veces damos unha representatividade que non é certa, realmente, de decidir partes importantes do orzamento.

VAM.- Como é posible facer esto?

RPC.- Obviamente hai que facer unha lexislación para iso. En Sevilla funciona cun regulamento de participación e unha parte importante funciona en asambleas, en asambleas de barrio cun regulamento para que non sexa unha cousa deslabazada, e dotandoo da capacidade política de que o Concello asuma como parte obligatoria do seu programa canto decidan os veciños para as inversións nos seus barrios. Que non haxa un concelleiro nin ninguna outra forza que vaia directamente entre a decisión soberana da asamblea de veciños e o propio Concello. Eso se fai en Latinoamérica, por exemplo en Montevideo.

VAM.- É como un pleno, por decilo dalgún xeito…

RPC.- O que decidan os veciños sexa mandatado. Iso debe ter un desenrolo orzamentario. Non pode ser que se decida, por exemplo, todo o do orzamento porque hai unha parte sobre a que non se pode decidir, pero si investimentos concretos. O exemplo é Ferrol. En Ferrol se está facendo xa se non me trabuco un 4% do orzamento e para nós é significativo o caso de Sevilla: en Sevilla hai partes importantes que se deciden nos barrios cos veciños agrupados en asambleas cunha estrutura orgánica para ir decidindo parte do orzamento. Pois nos pensamos que que mellor que os veciños que viven no barrio para decidir esa parte. E logo unha parte que sabemos que está en todos os programas dos partidos pero que logo nunca se desenvolve que é a descentralización e a organización en distritos. Esa tamén é unha aposta que vén da herencia do PCG, na nosa candidatura vén Carlos Núñez, que foi histórico concelleiro do PCG, un concelleiro cunha ascendencia social moi importante, e esa proposta que fixo no seu día o Partido Comunista de Galicia que foi a de ter unha estrutura descentralizada recuperámola porque non se chegou a levar a cabo. Non só unha estrutura de barrios, senón un órgano moito maior.Outra parte é a defensa dos servizos públicos. Nós imos loitar porque todas as empresas privatizadas nos últimos anos volvan ser empresas públicas. Non se trata de renovar ou non a Seragua, como di o BNG, trátase de crear unha empresa municipal de augas como existiu no seu día e que se privatizou por intereses económicos e oportunistas daquel momento. Nos pensamos que transporte, auga e residuos poden ser empresas municipais. O caso do transporte é vergoñoso, o nivel de prezo que ten o billete que co incumplimento flagrante do pliego de condicións da concesión a Vitrasa encima case 9 millóns de euros anualmente vaian destinados do Concello directamente a sufragar unha parte do billete. Nós imos recuperar todas as concesións paulatinamente, incluso vamos a denunciar as que incumplan o pliego…

“OS ORZAMENTOS DO CONCELLO DEBEN DE ASUMIR COMA PARTE OBLIGATORIA DO SEU PROGRAMA CANTO DECIDAN OS VECIÑOS PARA AS INVERSIÓNS NOS SEUS BARRIOS”

VAM.- ¿Por exemplo?

RPC.- Vitrasa, principal. Seragua, poñemos a parte o exemplo de alcaldías logradas por Izquierda Unida como é Madrid, que o canal de Isabel II financia gran parte dos servizos sociais. A auga é un servizo rentable e, é máis, en Vigo se pode facer a proposta que leva Esquerda Unida de que non paguemos eses 30 metros cúbicos independentemente de que haxa ou non consumo, senón que haxa unha taxa gratuíta para todos os veciños e que logo si que se grave o consumo. Digamos que é unha taxa social do uso da auga e iso se pode facer dende unha empresa pública que non busque o beneficio, senón que busque a rendabilidade da inversión ou que incluso asuma unha pequena perda.Cremos que é posible crear unha empresa de Vías e Obras, o Plan E foi unha perda absoluta de oportunidade para volver ter unha empresa que se tivo no seu tempo. Vigo tivo capataces, tiña xefes de obra públicos que se encargaban do mantemento sen ter que ir a subcontratas de empresas privadas que moitas veces non están cumplindo nin a lexislación laboral máis evidente. A creación de tecido de empresa pública colocaríanos nunha situación na que serían os concellos os capaces de paliar o paro, como pasou nos países nórdicos, países que tamén tiveron a súa crise de emprego pero nos que os concellos por ter un armazón público importante foron capaces de rebaixar iso. Cando se di que os concellos non teñen capacidade de emprego é mentira, o que non hai é vontade política de facer emprego público.Outro eixo importante, a igualdade no Concello. Cando falamos de igualdade non é só igualdade de xénero, senón a igualdade cos colectivos minorizados, a igualdade cos emigrantes… Vigo está vivindo unha crise, pero a crise ten un rostro: muller, mozo e emigrante. Eses serían os tres sectores máis afectados. Moitos dos membros da nosa candidatura non a puideron encabezar este ano porque se tiveron que ir fóra a traballar. Esquerda Unida ten un perfil político de xente universitaria, de formación universitaria, que están maioritariamente saíndo fóra a buscar traballo a Alemania, Francia ou, como é o caso, de compañeiros investigadores que están en Suiza.Hai un eixo tamén importante, que nos preocupa ademais, que é a corrupción. Nos pensamos que hai dous tipos de corrupción: unha corrupción que é o soborno, a que todos vemos no día a día, pero para nós a contratación a dedo ou o uso do Concello para facer favores, que non haxa transparencia, aqueles que algunha vez fumos a unha oposición municipal sabemos que poñemos o noso nome no exame.. Que non haxa unha transparencia na contratación nos preocupa e, polo tanto, propoñemos cousas como unha bolsa de emprego. É dicir, unha bolsa na que a xente se apunta, nalgún momento no meu sector que é o metal estaba asumida colectivamente por Asime, a patronal, e polos sindicatos… pero esa idea dunha bolsa de contratación por exemplo que se aplique a todas as concellerías e que se ti necesitas un administrativo, hai unha bolsa de contratación de administrativos. Queremos que se perda ou que desapareza esa capacidade de contratación a dedo dos partidos políticos que para nós chega máis aló do Concello, que chega ao movemento veciñal, ao movemento asociativo… e queremos que eso estea regulado porque a corrupción tamén é ter esa capacidade de compadreo. É unha parte que nos preocupa.Hai outra parte do programa que é a proposta republicana da Memoria Histórica. Non é un tema secundario para nós a proposta da República e non é unha nostalxia da Segunda República. Nós queremos levar os valores republicanos ao Concello, os valores republicanos entendidos históricamente como igualdade, fraternidade e solidariedade, tamén que os nosos cargos públicos asuman iso: a igualdade de oportunidades como antes falabamos; a fraternidade entendendo que un concello non se pode enrocar en gastos suntuarios cando miles de cidadáns que están a vivir unha situación moi precaria, poñemos enriba da mesa os datos de Cáritas, que non son nosos precisamente da esqueda marxista, pero datos de Cáritas que están falando de pobreza nos niveles que a marca a ONU, pois os mesmos niveles que se dan en América Latina comezan a darse aquí.E os valores de Memoria Histórica. Unha das primeras actuacións de Esquerda Unida é que toda simboloxía franquista que aínda queda desapareza, empezando pola cruz do Castro, independentemente de que teña un símbolo relixioso e poda ter unha mala interpretación, é un símbolo franquista erixido para a admiración dun réxime asesino que foi o réxime franquista. Nós vamos a aplicar a ley de Memoria Histórica cunha proposta clara de derribar ese símbolo.E tamén levamos unha parte importante que é a descentralización administrativa, é dicir, o reforzamento do poder local. Esquerda Unida é unha forza eminentemente municipalista dende a súa formación, de feito o gran poder de Esquerda Unida hoxe en día son os concellos, máis de 3.000 concelleiros, centos de alcaldes… é onde nos interactuamos mellor cos veciños. O que vemos é que pasaron 30 anos da primeira asamblea da Federación Española de Municipios e Provincias e alí todos os partidos, a proposta do Partido Comunista, asumía que no horizonte do 2000 o 25% da carga impositiva a recaudaran os concellos, que os concellos foran ese 25% de recaudadores das taxas, das cargas. A realidade é que estamos aínda no 13% e que nos últimos anos co Partido Socialista a política de recortes orzamentarios que logo se foi repercutindo nas autonomías os concellos incluso baixaron a súa asignación. O que queremos nos é que os concellos teñan máis capacidade porque se lles está obrigando a que haxa máis servizos sen que haxa contraprestación. Desapareceu o imposto de actividades para as empresas que facturaban menos dun millón de euros, díxose que se ía facer un imposto alternativo, non foi así, foi unha parte de exención do IVA… Nos pedimos, isto en Vigo decimos que a xente se solivianta, pero é así, un imposto que grave o beneficio empresarial, empezando por unha gran empresa que se chama Citroën que ten a desfachatez de meter un sistema de produción semiasiático, que dende hai dous anos e medio non contrata a ninguén, que aumenta a presión sobre os traballadores en forma de obligatoriedade para facer horas extra e ten 1.400 millóns de beneficios en todo o grupo. Queremos que por unha vez os beneficios de Citroën repercutan na creación de emprego de calidade. E, por exemplo, hai cousas que non entendemos, como que se fagan unhas vacacións fiscais nas ordenanzas para todos os hosteleros: se lle vai quitar o 75% de imposto sobre a vía pública, que é a vía pública nosa? Pois vamos a ir caso a caso vendo cal é o nivel de beneficio que ten esa cafetería, nalgunas as terrazas dan moitos cuartos fumen ou non fumen, e vaise ver se se cumpre a contratación polo convenio de hostelería.

“O CONCELLO TERÍA QUE RECUPERAR EMPRESAS PÚBLICAS COMA O SERVIZO DE AUGAS OU O TRANSPORTE, A CREACIÓN DE TECIDO DE EMPRESA PÚBLICA COLOCARÍANOS EN SITUACIÓN NA QUE OS CONCELLOS PODERÍAN AXUDAR A PALIAR O PARO, COMO PASOU NOS PAÍSES NÓRDICOS”

VAM.- Isto non se está facendo?

RPC.– Non, non. Nos denunciamos que as ordenanzas municipais do Concello de Vigo non establece unha proporcionalidade da renta. Por ser familia numerosa, pois non é o mesmo unha familia numerosa dun traballador do metal que unha familia numerosa dun catedrático de universidade… A primeira fonte de financiamento hoxe en día en tempo de crise é quen máis ten que máis pague. E iso no Concello de Vigo nos preocupa que forzas de esquerda non apliquen esa proporcionalidade. Quen maís ten que máis pague. Quen está levando os beneficios dos traballadores qué e a banca e o capital que pague esa parte.Queremos saber se se está aplicando por exemplo ás caixas de aforros e aos bancos, que estes anos convertiron aos traballadores nunha masa hipotecada e angustiada. Pois hai un imposto que grava a utilización da vía pública por ter un caixeiro, pero non sabemos se se está aplicando ou non. Queremos saberlo, por iso hai un punto importante que é a descentralización.E logo tamén porque somos unha forza ecoloxista. Esquerda Unida nace da confluencia do movemento obreiro da esquerda ecoloxista, da esquerda feminista, da esquerda social fundamentalmente nun mundo sustentable. Anunciabamos a proposta de por a depuradora fóra da Ría, técnicamente é posible cando din que non, entón como fan os concellos que non teñen mar? Fóra ao emisario submarino, fóra á depuradora da Ría, a ubicación da depuradora nun entorno deshabitado como pode ser unha contorna forestal e utilizar a auga que se está depurando para o baldeo de rúas, que se está facendo con auga da traída… É dicir, hai moitas posibilidades de que Vigo sexa medioambientalmente sostible. Vigo firmou a carta de Aalborg das ciudades medioambientales, o alcalde e incluso Corina facían un alarde diso. Pois que a xente que entre en Internet, que mire esa carta e que mire o incumprimento flagrante desta carta que vincula medioambientalmente aos concellos, empezando pola tala de árbores, iso vai en contra do fin de Aalborg. Ou incluso os convenios sobre humidais, cando o entorno da Xunqueira do Lagares é unha degradación absoluta que se vai a converter agora en endémica por culpa da nova depuradora.

“AS ORDENANZAS MUNICIPAIS DE VIGO NON ESTABLECEN UNHA PROPORCIONALIDADE DA RENDA: TEÑEN QUE PAGAR MÁIS OS QUE MÁIS GAÑAN”

VAM.- Falas de emprego e hai un debate… Moitas das preguntas que recibimos que teñen que ver con iso. Hai un debate sobre as competencias que pode ter un concello en emprego. O outro día o alcalde dixo que crearan dende o Concello 11.000 postos de traballo, aproximadamente uns 3.000 directos e o resto indirectos. Realmente o Concello ten esa capacidade?

RPC.- Coa actitude actual do Concello e co orzamento dese Concello e coa realidade, que é onde se gastaron os cuartos, é imposible. 11.000 postos de traballo creados polo concello é unha falacia, primeiro porque os datos da Encuesta de Población Activa minten, no que se pasa consulta agregada por sectores e precisamente nos sectores onde invertiron máis cartos, que foi a construcción, foi onde creceu de maneira máis exponencial o desemprego.¿Os concellos poden facer moito máis? Pois claro, o que pasa é que hai que priorizar o gasto. De 260 millóns de euros que é o que ten de orzamentos este ano, soamente sae un para os programas de emprego e todos coñecemos como son os programas de emprego: pago unha presentación de powerpoint, o concelleiro se saca unha foto diante dos medios pero logo queremos saber canta xente realmente foi empregada mediante ese programa ou se ese programa realmente está sendo utilizado para meter a dedo a xente, un tema que a nos tamén nos preocupa, se é unha excusa para con cartos públicos meter a xente da miña organización ou da miña contorna…

VAM.- Dicía que era o Plan E o que creou os postos…

RPC.- Nos dicíamos que é mentira que o Plan E se tivera que empregar na mellora da rede viaria, é mentira. Se ti querías crear unha empresa municipal de Vías e Obras e contratar xente podías facelo co Plan E. O Plan E se utilizou para nós para que o sector da construcción que durante tantos anos daba diñeiro a través dos impostos seguira nesa dinámica. Eu creo que este alcalde pasea moito pola cidade pero non ve a realidade. Nós o outro día pasabamos pola contorna de Lavadores e estaban obrando empresas e eran empresas portuguesas que sabemos que están incumplindo o convenio da construcción aquí, empresas de aquí, de Tui, da Garda… que sabemos que están incumplindo o convenio de aquí, que contratan irregularmente.

VAM.- E a actuación dos sindicatos? Porque chegouse a un acordo cos sindicatos…

RPC.- Eu son militante de Comisións Obreiras, pertenzo ao sindicato dende que entrei a traballar porque entendía que era así, pero a min paréceme que os sindicatos se aceptan diñeiro do Concello para a vixilancia das obras é para a vixilancia das obras. Gustaríame que o meu sindicato dixera ese diñeiro onde se utilizou. Utilizouse na contratación de personal dentro do sindicato ou para a vixilancia das obras?A vixilancia das obras tiña que ser función da Inspección de Traballo, era o que tiña que ver se os traballadores estaban regulados, se se estaban cumplindo os contratos, se eran contratos estables…

VAM.- Se os sindicatos estaban para iso sí que podían tramitar denuncias perfectamente...

RPC.– Si, si. Cónstame que o meu sindicato e UGT tramitaron denuncias contra algunha das empresas. Pero se o único que dis é vou poñer diñeiro público nun sector que vai funcionar como funcionou nos últimos 10 anos e que provocou a crise non pensamos que é unha oportunidade para que o Concello fora asumindo públicamente, como empresa pública, o mantemento das infraestructuras, a creación dunha rede municipal pública de servizos sociais… Iso si que xeraría empleo. Por que? Porque o concello de moitos sitios de España empregaron ese diñeiro para crear ese tecido. Hai municipios que crearon unha empresa municipal agraria con recursos do Plan E e no extrarradio, en zonas semiurbanas, hai un segmento importante da poboación que demanda alimentos ecolóxicos e está funcionando.É mentira que se xerara emprego co Plan E, para nos foi unha maneira de amortizar ata as eleccións municipais algo que podía ser casi catastrófico. Eu non quero unha cidade bonita, nin guapa, eu quero unha cidade integradora. Se hai alguén que pensa que é máis prioritario poñer bonitas as rúas que a construcción dun albergue ese é o voto que vai parar a Esquerda Unida, porque en EU temos claro que o primeiro son as persoas e non a súa contorna. Cidades moi bonitas polas que non pasea nadie hai no mundo miles. Pensamos que nas cidades teñen que vivir persoas e eu que son traballador ir ao centro de Vigo hoxe en día supón un gasto de parking, o único aparcamento disuasorio que nos queda á xente do rural é O Castro, e non sabemos canto tempo tardará eso en desaparecer. Iso chámase centrificación, que o centro da cidade aparezan os traballadores, aparezan as profesións liberais, ese proceso que vai ter o combate total de Esquerda Unida.

VAM.- Esquerda Unida vai ser quen reciba os votos dos que están defraudados coa esquerda ou eses votos vanse á abstención?

RPC.- Hai un feito obxectivo que son as enquisas e un feito subxectivo que pode ser a que teño eu como candidato da miña organización. A última enquisa que saíu que foi a do CIS uns días antes do inicio da campaña xa pon a Esquerda Unida no concello de Santiago por primeira vez na historia, nos da un concelleiro, a parte dunha persoa como Xabier Ron, que é para min un activista social que coñece moito a dinámica desa cidade. Todas as enquisas do CIS a nivel estatal fala dunha Izquierda Unida que recupera ese voto, pero eu creo que o que está recuperando realmente é ese voto que sempre foi de Esquerda Unida e estes últimos anos polos conflictos internos que tivo Esquerda Unida quedaron nun abstencionismo.Tamén é certo que aquí, na nosa comarca, hai un trasvase importante de votos socialistas que interpretan que o proxecto do alcalde non é o do PSOE, senon un proxecto personalista que incluso dilúe as siglas do PSOE, que incluso é contestado polo comité federal da súa organización e que prefiren votar a Esquerda Unida porque cren nel. Porque en Esquerda Unida hai moita xente socialdemócrata, o programa non é un programa comunista como a algúns nos gustaría. É un programa socialdemócrata ou socialdemócrata avanzado, no sentido da socialdemocracia que nalgún momento puido ser Salvador Allende.Hai moita xente que vai a asumir que o único proxecto de esquedas, digamos que a alternativa que teñan, é Esquerda Unida. O que queremos é que non haxa ese voto que aparece e desaparece dependendo da situación orgánica do PSOE, por iso a nosa aposta política é por presentar o programa e consolidar o voto da esquerda. Unha situación como a de hoxe merece unha resposta social cunha esquerda alternativa.O outro día estaba en Portugal nun acto co Partido Comunista portugués e o concurso do Partido Comunista e do Bloco poden ser o 30% do electorado e por detrás hai unha situación de rescate do Fondo Monetario e case un rearme ideolóxico da esquerda. Pero Vigo necesita unha esquerda alternativa, porque eu non son de esquerda porque vai vestido dunha maneira, eu son de esqueda porque aplico un programa. Consulto o programa electoral do PSOE, do PP e do BNG e é un programa de dereitas. Privatizar servizos municipais é de dereitas e non avanzar en políticas de creación de empresas públicas para nós é un programa de dereitas.Julio ANguita decía que nós non queremos xogar a ser alternancia, nos queremos xogar a ser alternativa. Nos preocupa moito sobre todo que hipoteca o futuro dos movementos sociais, da xente que confiou nalgún momento nos partidos do Bipartito que agora están completamente defraudados

VAM.- Qué pasaría se o día 23 tivésedes 1, 2, 3… concelleiros e foran determinantes á hora de formar Goberno?

RPC.- Esa é a pregunta que nos fan todos os medios porque nós tamén cremos que iso vai pasar así, xa que a entrada que dan as enquisas a Esquerda Unida na Corporación fala dese escenario. Nós imos a facer todo o posible porque non goberne o Partido Popular, agora ben, non imos entrar nun Goberno herdeiro deste Bipartido. É dicir, ou se plantexa na mesa algo alternativo aos catro anos de Goberno de Abel Caballero ou Esquerda Unida non vai a estar, primeiro por coherencia política e programa e, segundo, porque nos parece moito máis grave que ese tipo de políticas as faga un partido que se di de esquerdas que as faga a dereita. Que non utilicen esto como pretenden utilizar co tema da pinza, porque a única que existíu neste país como demostraron sobre todo a última lexislatura, é a pinza que fai o PP ao PSOE. Nos votos esenciais, na política que nos marca aos traballadores e aos cidadáns son coincidentes.Se, obviamente, hai unha proposta enriba da mesa e aceptan o noso programa, aceptan unha proposta alternativa… pero non vamos participar no Goberno dunha persoa que exerce un populismo de dereitas e que utiliza recursos públicos para intereses que non son coincidentes cos da clase traballadora, que é a que nós defendemos. Porque nos non defendemos a todos os vigueses, eso din todos os partidos, eu non. Ao señor Fernández Alvariño, a Confederación de Empresarios, xa teñen os seus axentes… Nos vamos a definir o noso adn, a defender á xente que vive dun salario ou a eses que nin sequera se lles deixa vivir dun salario, como son os desempregados.Temos clarísimo cal é o noso sector, cal é o noso adn, de onde saímos, onde nacimos e onde queremos facer política.

“NOS IMOS FACER TODO O POSIBLE PORQUE NON GOBERNE O PP, AGORA BEN, NON IMOS ENTRAR NUN GOBERNO HERDEIRO DESTE BIPARTITO”

VAM.- Tedes algunha proposta para evitar a especulación urbanística?

RPC.- Nos somos o noso partido que denunciou en todo o Estado a especulación, como é o caso significativo do Pocero, pero hai máis. Por enfrentarnos aos especuladores incluso algún dos nosos cargos públicos, o noso candidato de Sevilla, é acusado por empresas privadas de especulación. Hai unha proposta esencial, que é unha defensa histórica de Esquerda Unida: o proxecto urbanizador ten que ser do Concello, e a Unión Europea no informe Auken que, por certo, grazas á labor de Esqueda Unida o Plan Xeral de Vigo está incluido no informe Auken como exemplo de especulación urbanística. Que a xente lea o informe Auken porque cando se enchen a boca dicindo que eles están contra a especulación, o Plan Xeral está no informe do Parlamento europeo que denuncia a especulación, ese modelo de Plan Xeral que duplica o parque de vivenda.Nos pensamos que o Concello ten que ser o axente urbanizador e cando asume que é o axente urbanizador pode permitir obviamente que empresas privadas urbanicen, pero con prezo público e con control do que se vai facer neses terreos. Hai unha proposta que Esquerda Unida aplica en concellos pequenos que é a autoconstrucción. Marinaleda é un caso: o Concello pon os terreos e o material e os veciños en réxime de autoconstrucción con apoio de capataces e de técnicos de obra levan adiante iso. Moita xente di que somos uns tolos, pero eu poño un exemplo: o centro cultural de Beade o fixemos os veciños, o centro cultural fixémolo as fins de semana cando eu era pequeno, meu pai e meu avó iban a construir, o concello poñía os terreos e o material e os veciños construíamos. Por que non se pode aplicar iso ás vivendas? Por que non se poden facer vivendas de autoconstrucción e pagar 30 euros ao mes, que sería o caso de Marinaleda, pero 60 ou 100 euros ao mes que é o custe real dunha vivenda neste país. Por que temos que pagar especulación? Porque os concellos abandonaron esa labor de intermediación na edificabilidade. E, sobre todo, subir o imposto dos bens inmobles das vivendas valeiras. Está aprobado polo Congreso dos Diputados e que se aplica en moitas cidades. Hai xente nesta cidade que comprou vivenda para especular e que a ten parada, esperando poder recalificala. Nos pensamos que é unha das figuras que se poden aplicar como alternativa á especulación. A especulación non son uns señores moi malos que se chaman constructores, a especulación é unha incapacidade da clase política de poñer coto a esa realidade.

“NOS NON DEFENDEMOS A TODOS OS VIGUESES, ESO DIN TODOS OS PARTIDOS, NOS NON. O SEÑOR FERNÁNDEZ ALVARIÑO , A CEP XA TEÑEN OS SEUS AXENTES, NOS IMOS A DEFENDER Á XENTE QUE VIVE DUN SALARIO E AOS QUE NON PODEN , COMA OS DESEMPREGADOS”

VAM.- Os políticos, como di o CIS, son o terceiro problema do país?

RPC.- A min moitas veces me sorprende que candidatos de forzas políticas digan que non son políticos. Eu son político. Os políticos somos todas as persoas que participamos ou que pensamos que a transformación social ten que ver moito coa participación social da xente na política. Outra cousa son os políticos profesionais cos que discrepo moito. Creo que os políticos teñen que ter a súa profesión, obviamente eu que son traballador de xornada de 8 horas e que como teño tamén responsabilidade na empresa moitas veces tiro máis horas sei o que supón saír de traballar e encima meterte nunha reunión, a vida privada desaparece. Pois ao mellor podes ter unhas horas liberadas como ten, por exemplo, a actividade sindical, pero outra cousa é a profesionalidade. É dicir, que na nosa Corporación xente que soamentes asiste ao pleno, porque ao mellor non fai ningunha función de Goberno, cobra unha liberación ou unha media liberación ten que estar erradicado da política. Como ten que estar erradicado do movemento sindical. Eu non levo sindicalistas na miña lista porque é xente que ten traballo sindical na súa empresa, outra cousa son os liberados sindicais, que ten que habelos…

VAM.- Pero non están na lista...

RPC.- O digo por otros partidos, como o PSOE, que agora fala de grandes sindicalistas e é xente que leva 20 anos sen pisar un posto de traballo como traballador. Un sindicalista para min é un profesional do sindicato, que é outra cousa. Nos pensamos que ten que haber clase política, pero sempre dicimos que a clase política é unha expresión da realidade da xente. Na transición deste país a xente deixou de participar en política, era máis cómodo que en vez de ir á asamblea do partido houbera unha persoa que se encargada de coordinar todo. Ese foi o gran problema que vivimos nesta democracia.

VAM.- Unha solución pode ser o límite de mandatos?

RPC.- Si, si, si, pero iso debe ser orgánico dos partidos. Unha solución é esa e outra é limitar os salarios. Cando ti dis que hai que limitar os salarios na administración pública a xente di que entón hai corrupción. É que non hai un sistema xudicial que vele por iso? O que non pode ser… Eu estou no metal, cobro a categoría máis alta do convenio do metal da provincia de Pontevedra que é moi bo porque cada ano o pelexamos, polo que cobro salarialmente a categoría máis alta do mellor convenio laboral de Pontevedra. O que non pode ser é que unha persoa elexida a dedo pola Ley de Grandes Cidades ou elexida a dedo porque é un asesor cobre o dobre que a maior categoría salarial. Teñen que ser salarios ponderados coa realidade salarial desta cidade e a realidade salarial desta cidade non é mileurista, está moito máis por debaixo dos 1.000 euros. Por tanto, ten que ter unha corresponsabilidade.E eu son férreo defensor da política do militante. Se está o concelleiro e ten unha asamblea na que a xente participa, reparten os traballos e hai un área municipal, un área de muller… a labor do concelleiro é simplemente trasladar os acordos aos que chegan na súa organización. Por tanto eu creo que está sobredimensionado a liberalización 24 horas da clase política. Son 15 anos da miña vida traballando e dedícome á política a tempo completo, non creo que exista ningún problema. O que pasa e que hai xente que se non tivera a clase política profesionalmente non tería onde caerse morto, tamén é unha realidade que nos preocupa. Pero o problema non é a clase política, senón para min é a profesionalización da política como sustitución da participación da xente. Hai dous fallos na Transición: delegar na clase política, o traballo político, e a monarquía. Dous fallos dos que tamén temos corresponsabilidade o Partido Comunista.

“OS POLÍTICOS TEÑEN QUE TER A SÚA PROFESIÓN (…)PÓDESE ARTELLAR UN SISTEMA NO QUE TEÑAN UNHAS HORAS LIBERADAS NO SEU TRABALLO, COMA NOS SINDICATOS, PARA DEDICARLLAS AO CONCELLO”

VAM.- Dous preguntas: cales son os datos que teñen da campaña e cantos cartos tedes para ela?

RPC.- Nos temos o que vale unha valla para os outros partidos é o que temos nos. Non o sei con exactitude porque non o levo eu pero rondaba os 1.000 euros, que saen exclusivamente do bolsillo dos nosos militantes. É certo que hai unha parte que como somos unha forza federal pois hai autonomías moi ricas como Andalucía ou Madrid que aportan a un fondo económico federal no que as comunidades que teñen máis representatividade aportan máis e as que temos menos aportamos menos. Incluso, caso inaudito noutras forzas, nos temos concelleiros en Ferrol e en Vilagarcía e nos axudan ás comarcas que non temos. É un fondo solidario porque é unha maneira de crecer nos sitios nos que é máis difícil. Iso sí, aínda con esa aportación que é escueta nos estamos facendo a mesma campaña en actos de rúa, en explicación do programa que fan os outros tres partidos. Que pasa? Que nos gustaría que os medios de comunicación… Onte estivemos na depuradora cos veciños, hai un medio de comunicación que pon a foto e conta e outro medio de comunicación que como se non existiramos. Non o entendemos. Sabemos que hai un intento de silenciamento de Esquerda Unida, pero o que si vemos é que temos a mesma capacidade programática de facer actos. Os partidos non están facendo unha campaña precisamente explicativa, están dando paseos e repartido folletos. Iso pode facelo hasta a Falange se se pon. Esperabamos unha campaña na que houbera debates nos medios públicos, completamente hurtada esa posibilidade. Os tres partidos nos pensamos que como cuarta forza política no hai sitio para o debate político e cando nos presentamos programa ningunha forza política, nin PSOE nin PP o descoñezo, pero ningunha forza política presenta programa, un contrato coa cidadanía, un documento que diga esta é a proposta política de EU, do PSOE, do BNG ou de quen sexa. Nos temos a vantaxe de que non somos un partido paracaidista como outros partidos que aparecen nas municipais e logo desaparecen. Nos temos unha cousa que se chama militantes. Nesa lista vai xente con moitos anos de traballo na clandestinidade, xente que foi responsable do aparato de propaganda do Partido Comunista durante o Franquismo e para min é un orgullo ver a xente como Ferreiro pegando un cartel, facendo megafonía pola rúa 8 horas ao día…

VAM.- Esencialmente, os actos que tedes programados…

RPC.- ... si, na nosa web puxemos todos os nosos actos, excepto os que se van confirmando sobre a marcha. A xente que entra na nosa web verá que hai actos en Coruxo, Lavadores… descentralizamos moitos actos por barrios… e o acto central que será o mitin de peche na Praza da Princesa que imos facer o día 20, o día do peche de campaña. A aportación principal deste ano é que EU leva xuntándose dende hai un ano cos movementos sociais para elaborar o seu programa e temos máis de 150 aportacións feitas por colectivos sociais da cidade, sectoriais como temas deportivos, asociación de veciños, defensa de animais, defensa das liberdades sexuais… Este programa que presentamos tamén e o concurso de moitas propostas de movementos sociais. Levamos dous anos traballando significativamente para acadar os recursos que temos, no tema da depuradora, do Plan Xeral… nos temas significativos da cidade sempre estivo EU presente.

“POR QUÉ NON SE PODEN FACER VIVENDAS DE AUTOCONSTRUCCIÓN E PAGAR 30 € AO MES , POR QUÉ TEMOS QUE PAGAR A ESPECULACIÓN?”

VAM.- Cal é o resultado que agardades acadar?

RPC.- As enquisas din que temos un concelleiro, pero nos cremos que hai posibilidade polo sistema electoral que no momento no que se teña un concelleiro o segundo é máis doado. As enquisas son moi maniqueas entón cando preguntan, preguntan “a quen vai votar vostede, PSOE, PP ou BNG?”. Pois é tan evidente este ano que a xente vai votar a Esquerda Unida que ata unha empresa de enquisas que sempre nos silencia como é Sondaxe ten que poñer a EU tanto en Galicia como no resto. E nos pensamos que é significativo ese aumento.Nós queremos entrar na Corporación primeiro para demostrar que se pode facer outra política e sobre todo para demostrar que Esquerda Unida cumple o que di. De aí o chascarrillo de ‘programa, programa, programa‘ de Xulio Anguita, porque é vital, é dicir, nos non poñemos brindis ao sol no programa, non haberá un programa de EU no que se prometan miles de postos de traballo, sí que vamos a crear as estruturas necesarias para a creación de emprego porque ao mellor esas estruturas permiten crear o dobre de emprego do que se promete. O que hai que por enriba da mesa son as propostas.E temos claro que imos a entrar primeiro porque hai esa receptividade, porque é a primeira vez na historia que EU presenta tantas candidaturas na comarca, un feito que non se conseguira creo que nin nos tempos do Partido Comunista de Galicia. É polo aumento afiliativo na nosa organización ao mesmo tempo, sobre todo de xente nova que é o soporte desta organización

También te puede interesar