¡Que se curren tu voto! Destacados

Denuncian a Corina Porro por facer un acto sen permiso na estación de tren

Estaba falando das propostas populares para as grandes infraestructuras en Vigo cando, xa rematado o acto, apareceu unha patrulla da Policía Local para desaloxar. Os propios responsables de Vialia denunciaran á candidata do PP á alcaldía de Vigo por non ter autorización para celebrar o acto electoral no recinto ferroviario. Aínda que só ían a levantar acta, os axentes atopáronse co resto de populares que acompañaban a Porro abandonando o recinto.

O lugar escollido, acorde co contido da rolda de prensa, que apenas durou 10 minutos: falar dos prazos da alta velocidade e da necesidade doutras infraestruturas, como un túnel en Julián Estévez, Beiramar e Praza de España ou a autovía Vigo-Pontevedra. Mentres, pola súa banda, o PP emitiu un comunicado no que asegura que o acto cumpría coa legalidade, xa que tivo como escenario «o que entendemos como un espacio público, que pertence a todos os cidadáns e que, como tal, poden facer uso del».

Os populares respáldanse no feito de que o acto non repercutiu na actividade normal exterior da estación de tren e que cando montaron o esceario a primeira hora da mañá ningúen os advertiu de nada.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.