Deportes Vigo al día

Máis de 350 deportistas ao grito de ‘Kiaaa’ en Bouzas

O pavillón de Bouzas estará este sábado de festa, da XXIV Festa do karate que, organizada pola agrupación deportiva de Zanshin, reunirá a máis de 350 deportistas de 7 clubs da cidade e das Escolas Deportivas Municipais: Doblada, Mariano, Compañía de María, San Salvador de Teis, Okinagua, Shotokan, Travesas e Escolas Deportivas. A partir das 17 horas, demostracións de karate e tai chi a cargo dos alumnos e instructores dun deporte que “impulsa valores deportivos relevantes para outros ámbitos da vida, como a concentración, o respeto, a confianza e a seguridade”.

También te puede interesar