¡Que se curren tu voto!

O BNG inaugura a tempada de promesas electorais

Factible, viable e rendible a medio prazo, ademáis de ecolóxico. Pero tamén dos tempos de Maricastaña. O BNG ten unha nova proposta para en materia de mobilidade e transporte público, un plan estratéxico de seis liñas, entre as que destaca a creación da primeira liña de tranvía entre Urzáiz e a Universidade de Vigo. E na que participarían, nada menos, que Concello, Xunta, Zona Franca, a propia Universidade como estación final e unha empresa concesionaria.

Cun percorrido por Gran Vía, Praza de América, Balaídos, Pereiró, o novo Hospital de Vigo e o Parque Tecnolóxico, o BNG calcula que o servizo daría cobertura a máis de 50.000 persoas e serviría de continuidade ao percorrido de longa distancia do AVE e «articularía con maior eficacia unha nova conformación do servizo de bus urbano, que nalgúns casos podería reconverterse a circulares ou lanzadeiras» que conectasen directamente os barrios e parroquias próximas.

Quen sabe, se chegamos a velo igual se converte nun elemento memorable da cidade, como en Lisboa.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.