Deportes Vigo al minuto

Ourense e Porto, ases do minibásquet

O Carmelitas Ourense arrebatoulle o trofeo ao anfitrión, o Seis do Nadal Celso E. Ferreiro.
O Carmelitas Ourense arrebatoulle o trofeo ao anfitrión, o Seis do Nadal Celso E. Ferreiro.

O equipo F.C. Porto, en categoría masculina, e o Carmelitas Ourense, na xornada feminina, proclamáronse campións do 11º Torneo Internacional Novacaixagalicia Minibásquet, unha cita anual do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia coas categorías inferiores que se celebrou no Polideportivo Municipal de Balaídos, un dos torneos de maior tradición en Galicia e que reuniu ao mellor das canteiras do baloncesto con preto de 400 xogadores e 40 técnicos.

Na categoría feminina, o anfitrión, o Seis do Nadal Celso E. Ferreiro enfrontouse ao Carmelitas Ourense nun encontro que estivo moi igualado na primeira parte pero que foi caíndo en mans dos ourensáns a partir do terceiro período nunha bancada chea de espectadores. Ao final, 32-45 a favor do Carmelitas. Por contra, na final masculina víronse as caras o FC Porto e o Básquet Coruña, cun partido igualado no que os lusos conseguiron levar o gato á auga por un axustado 49-45.

También te puede interesar