Galicia

Galiza Nova chama a concentrarse diante das oficinas de emprego para denunciar o 40% de paro xuvenil en Galicia

Galiza Nova ven de facer un chamamento á xuventude galega para que este xoves se concentre con maletas diante das oficinas do Servizo Galego de Emprego (en Vigo ás 12:15 h na Oficina de Emprego de Vigo-Coia. Rúa Baiona, n.º 28) para denunciar a “falla de futuro laboral en Galicia que obriga a emigrar”. A tasa de paro xuvenil chegou ao 41% e hai un 40% de contratación temporal entre os ocupados de 2ntre 15 e 24 anos, polo cal esta organización esixe aos gobernos central e autonómico “un troco nas políticas de emprego”.

Os xóvenes nacionalistas denuncian que dos 250.000 galegos que están no paro, 55.000 son menores de 30 anos e deles, máis da metade ten unha titulación superior, a eles hai que sumar aqueles con contratos temporais, becarios, falsos autónomos e aqueles que teñen un contrato a tempo parcial , o que suma 70.000 personas, máis dun 40% dos que están en idade de traballar.

A concentración que farase baixo o lema ‘Estamos fartos, queremos emprego! Amosará que hai alternativas ás políticas que nos chevaron a esta situación e que pasa porque a xuventude galega se responsabilice e actúe coma fixeron os portugueses.

Galiza Nova invita a acudir con maletas para amosar o rexeitamento ás políticas que fan que Galicia non teña futuro, “nos queremos traballar, non emigrar, a maleta que a colla Feijóo se non sabe gobernar e crear emprego”, declararon os seus responsables.


 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.