Deportes Galicia

O baloncesto toma a cidade

O Seis do Nadal SD Navia, gañador da categoría masculina serie A.
O Seis do Nadal SD Navia, gañador da categoría masculina serie A.

Cuarta edición do Torneo Internacional Cadete ‘Coia, núcleo de baloncesto en Vigo’, organizado polo Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia que reuniu no Pavillón Municipal de Balaídos a 18 equipos con máis de 250 deportistas e 40 técnicos. En total 3 categorías que encheron a cidade de baloncesto do bo durante a pasada Semana Santa.

Na categoría cadete masculina serie A o anfitrión, o Seis do Nadal SD Navia proclamouse campión entre os seis equipos que participaron: o propio Seis do Nadal SD Navia (Vigo), Agustinos León (León), Básquet Coruña (A Coruña), Estudiantes Fundación Balogal (Lugo), Ourense Capital Termal (Ourense) e C.B. Navia (Asturias). O encontro final, contra o Agustinos Eras León, foi de infarto, xa que se chegaba ao descanso cunha vantaxe de 13 puntos a favor dos leoneses. Foi no último período onde os vigueses conseguían superar ao Agustinos León cunha pequena vantaxe que foi aguantada ata o final do encontro (58-54).

A categoría feminina decantouse a favor do Carmelitas de Ourense, que venceu aos outros cinco equipos participantes: Pabellón Ourense (Ourense), GDG Basquetebol (Gafanha), CPN Basquetebol (Oporto) e o C.B. 6,25 (Ponferrada). A final enfrontou ao equipo ourensano co Seis do Nadal, un encontro moi axustado que acabou cun 32-37 que o Carmelitas amarrou con forza ata o final.

Na categoría masculina serie B, o título marchouse para Portugal, xa que o vencedor foi o GD Gafanha, que revalidou título. De novo seis conxuntos pelexando pola victoria (Seis do Nadal «A», Seis do Nadal «B», GDG Basquetebol, Eduardo Blanco Amor, Colexio Apóstol e Marín Peixegalego). O cruce final enfrontou aos lusos co Eduardo Blanco Amor nunha final dominada desde o prinicipio do encontro polo combinado portugúes.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.