Comarcas Galicia

Ter auga na casa custa 19 veces máis en Mondariz que en Vigo

Algo que parece impensable tendo en conta que en Vigo hai 300.000 habitantes e en Mondariz tan só 5.300. Mentres que os pontevedreses non pagan nada e os vigueses tan só 16 euros, as taxas por darse de alta no subministro de auga e saneamento en Mondariz supera os 300 euros.

O custe de darse de alta na rede municipal de subministro de auga é de 149,48 euros, mentres que o de ter saneamento é de 150,51 euros, unhas taxas fixadas polas ordenanzas fiscais que «superan de forma exponencial as que están en vigor na capital da provincia ou na cidade máis poboada de Galicia», aseguran dende o BNG. Todo polo acto administrativo de introducir os datos de alta. «Estas tarifas son realmente escandalosas porque os contribuíntes non pagan a realización de ningunha obra ou instalación, nin sequera contador«, recorda Xoán Carlos Montes, portavoz dos nacionalistas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.