¡Que se curren tu voto! Galicia

Non está o forno para premios

Os Premios Concello de Ponteareas a persoas e entidades que merecen o recoñecemento dos cidadán nacen con polémica. Sobre todo porque o Concello quere outorgalos en plena campaña electoral, algo que o BNG de Ponteareas non ve con bos ollos. Por iso esixen ao alcalde “que se informe antes sobre a realización deste tipo de actos, unha vez que xa están convocadas as eleccións, para evitar incorrer nun delito electoral” e que a Xunta Electoral non permitise a celebración do acto.

Os nacionalistas propoñen que o acto se celebre coincidindo con datas importantes, como o Corpus ou as Festas de Setembro. “Solla xa faltou ao respeto aos homenaxeados xa que despois de comunicarlles por carta a celebración do acto o 30 de abril, entéranse pola prensa de que se pospón ata o 1 de maio para que Solla poda acudir ao mitin de Rajoy en Pontevedra“, asegura o BNG.

También te puede interesar