¡Que se curren tu voto!

Na Cañiza terán que mollarse nestas municipais

Máis que nada porque calquera acto electoral ata o vindeiro 22 de maio terá que realizarse ao aire libre, xa que o concello só puxo a disposición dos partidos políticos zonas a ceo aberto e de acceso continuado e libre para calquera persoa, ningún local cuberto nin un espazo localizado no casco urbano. É o que denuncia o BNG da localidade, que presentou unha reclamación diante da xunta electoral para conseguir locais útis para a celebración de actos electorais.

Trala queixa, o Concello ofertou tan só un local «ubicado nunha das parroquias do concello limitando o seu uso de luns a venres», unha oferta que consideran insuficiente. A pesar de todos estos «atrancos», os nacionalistas presentarán o 8 de maio públicamente as súas propostas para a candidatura de Paradanta.

Os nacionalistas cren que se trata dun atranco en toda regra, sobre todo despois de que o Partido Popular, que goberna en maioría en A Cañiza, empregase durante a precampaña un local propiedade municipal no centro da vila para presentar a súa candidatura, a Casa da Cultura. «É unha desviación democrática, propia do estilo do PP máis rancio, quen confunde a representación democrática outorgada polos veciños coa ocupación e patrimonialización para o uso particular e partidario do Concello e as súas propiedades«, asegurou María Shantal Rodríguez, candidata do BNG á alcaldía da Cañiza.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.