Comarcas Deportes

As Neves, capital do bádmington

Plumas a esgalla en As Neves. O vindeiro 25 de abril, o pavillón municipal de AS Neves será escenario do CNB-GAL As Neves, unha proba do Circuito Nacional de Bádminton organizado polo Club Bádminton As Neves e a Federación Galega de Bádminton.

En total seis horas de deporte con máis de 50 partidos nos que participarçan 40 xogadores dos clubes Bianconero e Leganés de Madrid, Huesca e Salduba de Aragón, Casablanca de Andalucía, Guadalajara de Castela a Mancha, Oviedo de ASturias e os clubes galegos Universidade Laboral de Ourense, Club del Mar San Amaro da Coruña, CB Thebes&Reale A Estrada, SD Lalín e o anfitrión el CB As Neves.

Cuna de campións

Mentres, no PCN Sub-13 e Sub-17 disputados a pasada semana en Oviedo coa presenza de 7 xogadores galegos, a xogadora do CB Rachaplumas vigués Eva Murio acadou a final individual feminina, aínda que perdeu ante a vasca Miren Azcue e tivo que contentarse co título de subcampiona Sub-13.

También te puede interesar