Comarcas Galicia

As Neves buscará a súa alternativa

ficiAínda faltan uns días para que o BNG das Neves presente de xeito oficial a súa candidatura de cara ás eleccións municipais do vindeiro 22 de maio, pero para ir abrindo boca aí van os nomes dos primeiros da lista: o candidato Xosé Manuel Rodríguez Méndez, o empregado de Correos Óscar González Álvarez, a avogada Rosana Rodríguez Avalle, a mestra Sebela Lahuera Mouriño e o técnico electrónico Fernando Fernández Fernández.

A presentación oficial terá lugar o 9 de abril (20:30 horas) no Centro Social, onde participará a deputada nacionalista Olaia Fernández Davila e onde tras a presentación se gozará dun momento distendido tomando un viño. “O grupo de persoas que me acompañan, son compañeiros e compañeiras con moita capacidade, con valía, con ganas de traballar que xa levan un tempo participando na vida política das Neves», destacou o candidato.

Tamen resaltou a súa implicación nas diversas reunións celebradas con empresarios e comerciantes, viticultores, mocidade, asociacións, nas que xa teñen participado activamente, e as visitas que cada fin de semana realizan achegandose as distintas parroquias do concello.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.