Comarcas Cultura

O Brasil de Carlos Núñez abre cinco días de cinema

Ángel Sánchez, codirector de Play-Doc; Antonio F. Fernández, alcalde de Tui; o gaiteiro Carlos Núñez; Roberto Varela, conselleiro de Cultura; e Sara García, codirectora de Play-Doc.
Ángel Sánchez, codirector de Play-Doc; Antonio F. Fernández, alcalde de Tui; o gaiteiro Carlos Núñez; Roberto Varela, conselleiro de Cultura; e Sara García, codirectora de Play-Doc.

Carlos Núñez foi o protagonista indiscutible da apertura oficial do Festival Internacional de Documentais Play-Doc de Tui. O gaiteiro galego presentou ‘Brasil somos nós’, un documental sobre o proceso creativo do seu último disco, ‘Alborada do Brasil’, no país carioca. Logo de introducir as claves do filme, tocou varios dos temas deste álbum da proxección da película.

Play-Doc dará a oportunidade de explorar formas alternativas de facer e ver o dinema, nun xénero tan híbrido como o documental, que ofrece tantas posibilidades de experimentación. E o resultado é bo a pesares de tratarse «dun ano difícil», xa que se logrou unha programación á altura das mellores, un festival de proporcións pequenas no que ocorren cousas moi grandes.

Preto dun millar de persoas ateigaron o Teatro Municipal de Tui para gozar da xornada inaugural, na que se puideron ver o filme de Oliver Laxe ‘Todos vós sodes capitáns’, gañadora do premio Fipresci de Cannes, e que abriu unha sección oficial na que once títulos chegados de todo o mundo que percorren todas as tendencias do mellor cinema documental contemporáneo. Todos competirán por premios valorados en 7.000 euros.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.