Comarcas Galicia

O PP de Redondela dalle ‘moción’ ao Pleno deste mércores

Cinco mocións e a comparecencia de dous concelleriros para que den conta da súa xestión. Eso será o que pida o Partido Popular de Redondela, no Pleno da Corporación de este mércores no que plantexará diferentes propostas en materia de Cultura, Tráfico e Facenda, ademais de esixir respostas ao primeiro tenente de alcalde para que dé conta dun expediente urbanístico.

MOCIÓNS

Na primeira delas formúlase a posibilidade de solicitar un estudo e planeamento de solucións co fin de reorganizar o tráfico de entrada e saída á vila no cruce do convento de Vilavella. Segundo asegura, Alberto Pazos, voceiro do PP redondelán, “xa indicamos en pasadas ocasión, que as preferencias non están acordes co volume de tráfico, sendo preciso ademais habilitar pasos de peóns, garantindo a seguridade dos viandantes”.

Novamente, o 1% cultural será motivo de debate, neste caso no que se refire á conservación do mesmo co cargo ás obras do tren de Alta Velocidade. Neste caso, a oposición denuncia “a absoluta falta de transparencia na xestión, se é que a hai, do concelleiro de Patrimonio respecto aos expedientes: dende hai meses estamos a intentar obter información atopándonos sempre con negativas, dando por feito unha xestión nula neste asunto”.

A terceira das mocións fai referencia á problemática dos afectados no camiño da Correola, na parroquia de Chapela onde, a petición dos veciños, informouse ao Valedor do Pobo, Benigno López, para que mediase no asunto. A oficina do Valedor solicitou ao Concello unha serie de documentación, que, segundo indica o defensor dos cidadánsnon se axusta á realidade, manifestándose unha actuación reprobable, tanto ante os veciños coma ante o mesmo Valedor”.

Neste aspecto, o Partido Popular denuncia o acoso ao que están sendo sometidos os veciños da parroquia de Saxamonde por parte da empresa concesionaria do saneamento municipal. Tratan de cobrarlles por un servizo do que non dispoñen, pretendendo que paguen recibos de conexión e uso da rede de saneamento cando nin teñen a rede instalada nin as conexións feitas”, sinala Pazos quen engade que “os veciños, séntense inxuriados e víctimas de ameazas e de multas coercitivas se non pagan en prazo”.

A última das mocións presentadas polos populares redondeláns fai referencia ao estado de “total deterioro e falta de mantemento das instalacións do mercado municipal de Chapela. O mesmo, segundo comprobou esta redacción, presenta un aspecto lamentable, con humidades, partes do teito rotas e deficiencias no pavimento, un estado que, a xuizo dos populares, “contribue a dar unha mala imaxe que perxudica gravemente á súa actividade comercial”. Por elo pedirán á Corporación que aprobe acometer con urxencia o arranxo dos devanditos danos.

COMPARECENCIAS

Unha vez máis, Eduardo Reguera centrará case todas as solicitudes de comparecencias efectuadas polos concelleiros do PP. Na súa condición de delegado de Cultura, preguntaráselle sobre os problemas detectados na celebración das últimas festas do Entroido; coma concelleiro de Tráfico deberá dar conta das queixas dos veciños polos ruídos da zona da estación de Renfe e a súa contorna, e responder, tamén sobre a problemática do paso de vehículos pesados polo centro de Chapela, que, coma subliña o coceiro popular, “foi en aumento, coas consecuentes molestias para a veciñanza”; na súa condición de responsable da Facenda local, preguntaráselle polos cambios de postura e “bandazos” que supón a aprobación de partidas de xeito urxente para a construción dunha fonte na praza de Ribadavia, da que, afirman os representantes do Partido Popular, a data de hoxe, non sabemos se finalmente se acometerá ou que se fará con dita fonte se non se coloca alí”.

Por último, a oposición solicita a comparecencia do primeiro tenente de alcalde para dar razón do expediente urbanístico que fai referencia ás obras de reforma dunha vivenda na parroquia do Viso.


 

También te puede interesar