Comarcas Galicia

Os arranxos no Bouza Brey, en horario lectivo e tratando con amianto

Fai unha semana que o colexio Fermín Bouza Brey amenceu cun novo desperfecto: a cuberta do ximnasio deixa pasar a auga da chuvia, o que deixa a zona inutilizable en días de mal tempo e provoca que se estrague o chan. Pero os pais xa levaban tempo pedindo que se cambiara a cuberta do ximnasio, moi deteriorada polo paso do tempo.

O problema é que a cuberta do ximnasio, construído máis ou menos fai 40 anos, está feito de planchas de fibrocemento, o que comunmente coñecemos como “uralita” polo nome da marca comercial máis común. A manipulación deste material é potencialmente perigosa porque antigamente se utilizaba amianto na súa fabricación, produto considerado nocivo para a saúde polo que a partir do ano 2002 prohibiuse a súa produción, comercialización e instalación en España e regulouse o procedemento de actuación con este material nos casos de sustitución ou reparación.

A pesares diso, segundo denuncia Esquerda Unida de Ponteareas, a reparación estase a facer en horas lectivas, en presenza dos rapaces, o que os está a expoñer a entrar en contacto cun material nocivo para a saúde, ademáis de que “os traballadores que están manipulando o fibrocemento non o están facendo coas debidas medidas de protección”. Os pais solicitaron á Xefatura Territorial de Educación e ao Concello de Ponteareas que se lles informara sobor destas labores e se as mesmas se  fan segúndo as normas establecidas, “sen que ninguén lles aclarara a situación”.

También te puede interesar