Agenda Cultura

Pés en polvorosa camiño de Paraguai

Unha adolescente que vive no barrio máis exclusivo de Buenos Aires, unha criada paraguaia que traballa na súa casa e unha historia de amor que soña con sobrevivir á beira do lago Ypoá, a moitos quilómetros da capital arxentina. A Asociación Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos invita aos vigueses a disfrutar esta tarde (18:00 horas) da proxección ‘El niño pez’, unha película de Lucía Puenzo, co posterior coloquio no Centro de Documentación Feminista.

Ambas rapazas, adolescentes, planean escaparse xuntas e roban un cadro e varias xoias da casa familiar para poder conseguir os cartos precisos, pero o asasinato do pai da moza acomodada apura os seus plans. Este é o punto de partido que apura a fuxida na ruta que une o norte de Buenos Aires con Paraguai.

You may also like