É concelleiro no Goberno municipal de Salceda de Caselas, aínda que a partir do 22 de maio podería pasar a ocupar o posto de alcalde en Tui. E iso non lle gusta á oposición. O PP municipal pide a dimisión de Enrique Cabaleiro por dedicarse “a vender o benestar e a calidade de vida dos veciños de Tui”, que percibe unha compensación económica por “velar polo ben deste municipio e o que realmente leva facendo nos últimos meses, sendo presentado xa oficialmente como candidato á alcaldía de Tui polo PSOE é traballar de cara ás vindeiras eleccións centrándose únicamente” na vila tudense.
Dende o PP aseguran que respetan a decisión de Cabaleiro de iniciar unha nova etapa política noutro municipio, pero non toleran a doble vertente á que está chegando. “É inadmisible que un edil do Concello de Salceda de Caselas, pagado por todos nós, estea a traballar polo pobo de Tui, deixando xa de lado todas as cuestións referentes a Salceda. Se o que quere realmente é liderar a lista dos socialistas tudenses que dimita xa como concelleiro en Salceda para dedicarse exclusivamente aos temas que agora lle competen e dos que vai alardeando nos medios de comunicación”, conclúe Rodríguez Davila.