Comarcas

Concelleiro de día, candidato de noite

É concelleiro no Goberno municipal de Salceda de Caselas, aínda que a partir do 22 de maio podería pasar a ocupar o posto de alcalde en Tui. E iso non lle gusta á oposición. O PP municipal pide a dimisión de Enrique Cabaleiro por dedicarse «a vender o benestar e a calidade de vida dos veciños de Tui», que percibe unha compensación económica por «velar polo ben deste municipio e o que realmente leva facendo nos últimos meses, sendo presentado xa oficialmente como candidato á alcaldía de Tui polo PSOE é traballar de cara ás vindeiras eleccións centrándose únicamente» na vila tudense.

Dende o PP aseguran que respetan a decisión de Cabaleiro de iniciar unha nova etapa política noutro municipio, pero non toleran a doble vertente á que está chegando. “É inadmisible que un edil do Concello de Salceda de Caselas, pagado por todos nós, estea a traballar polo pobo de Tui, deixando xa de lado todas as cuestións referentes a Salceda. Se o que quere realmente é liderar a lista dos socialistas tudenses que dimita xa como concelleiro en Salceda para dedicarse exclusivamente aos temas que agora lle competen e dos que vai alardeando nos medios de comunicación”, conclúe Rodríguez Davila.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.