RGPD - Cookies
Destacados Vigo al día

Vigo se pone de tiros largos

Atoparon probas que confirmaban as denuncias dos veciños: gatos mortos con sinais de disparos, latas e demais obxectos furados polos balíns… A asociación ecoloxista Amigos da Terra vén de informar á Autoridade Portuaria de Vigo que a contorna da factoría Vulcano en Guixar convértese con frecuencia nun campo de tiro nocturno no que grupos de mozos armados con escopetas e pistolas de aire comprimido dedícanse «a esnaquizar a tiros todo o que se move montando galerías de tiro» improvisadas.

A asociación ecoloxista entende que ao producirse os feitos nos terreos do Porto é del a responsabilidade da súa vixilancia e erradicación. “O uso de carabinas de aire comprimido fóra dos recintos habilitados para tiro deportivo está absolutamente prohibido, así como disparar a calquera animal, polo que solicitamos a Corina Porro que tome cartas neste asunto”, afirmou Antón Lois, vogal de comunicación de Amigos da Terra.

También te puede interesar