Vigo al minuto

Dille ao Goberno onde pode meterse a suba da luz

A Federación Veciñal de Vigo ven de lanzar unha recollida de sinaturas on line na súa páxina web contra da suba do recibo da luz. A través dun formulario dispoñíbel na portada do sitio web www.eduardochao.org, toda persoa que o desexe poderá asinar unha carta dirixida ao Ministro de Industria, Miguel Sebastián na que se lle solicita a paralización da suba prevista para este mes así como un sistema tarifario socialmente xusto.

O único necesario para asinar é dispor dunha conta de correo electrónico, xa que para evitar sinaturas falsas o sistema enviará unha mensaxe a ese e-mail para confirmar cada firma. Unha vez confirmada a sinatura, a carta será dirixida automaticamente por correo electrónico ao Ministro de Industria a través da Comisión Nacional de Enerxía, ente do que depende a tarificación do subministro eléctrico. O texto íntegro da carta figura nesta ligazón: http://actuable.es/peticiones/non-suba-da-luz-un-sistema-tarifario-socialmente-xusto

 

You may also like