RGPD - Cookies
Comarcas

O aparcamento trae de cabeza aos redondeláns

Colapso de tráfico nas entradas e saídas de Redondela cada día, contaminación e atascos que «repercuten moi negativamente no comercio e na hostelería local, afectando á calidade de vida dos veciños provocando ruídos e un maior gasto de combustible«. Así describe Javier Bas, presidente da Xestora municipal do PP e candidato á Alcaldía de Redondela a situación que produce a falta de aparcamento na vila, un problema que se vén arrastrando dende sempre, “pois ao crecemento desordenado das edificacións, habemos de sumar a falta de actuación no ámbito dos aparcadoiros en superficie, cuxa insuficiencia non é posible soportar ano tras ano coma se non fose este un problema sen consecuencias”.

Dende o Partido Popular recordan que o Goberno municipal prometeu hai meses habilitar e acondicionar determinadas zonas como aparcadoiros en superficie para tratar na medida do posible a escaseza de prazas no núcleo urbano da vila, ou incluso a posibilidade de poñer en marcha unha serie de aparcadoiros disuasorios á entrada dos núcleos urbanos de Chapela e de Redondela, pero aínda non se levou a cabo ningunha destas medidas. Como alternativa, os populares propoñen unha parcela na zona de Vilavella, na que sería posible acomodar un número bastante elevado de prazas de aparcamento.

También te puede interesar