Ciencia y Tecnología

Facer deporte na auga frea o avance do Parkinson

Un grupo de investigadores da Universidade de Vigo foi capaz de demostrar tras un estudo no que colaboraron co grupo Neurocom da Universidade da Coruña, que o exercicio físico nun medio acuático frea o avance do Parkinson e mellora o nivel físico e psíquico dos pacientes. Este descubrimente permitirá abarcar novas estratexias para o tratamento dos enfermos, na actualidade limitada a fármacos ou a operacións cirúrxicas que non sempre dan bos resultados. A forza hidrostática e a flotación, xunto co carácter creativo dos deportes acuáticos abre un mar de posibilidades.

Durante tres meses e 25 sesións dedicadas á mobilidade articular, traballos musculares e desprazamentos, os pacientes experimentaron cambios positivos na súa calidade de vida, na evolución da enfermidade, na condición física e no grao de independencia en actividades, xa que os pacientes pasan de ter preto dun 88 a un 99% de autonomía.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.