Vigo al minuto

O Concello pidelle á Xunta que xenere 5.500 empregos en Vigo pero non sinala cómo ou cando

Achéganse as Eleccións Municipáis e xa se sabe cal será o tema principal da campaña: o emprego. Aínda que o presidente da Xunta dixo que o seu goberno ten poucas competencias na materia, agás algunhas en políticas activas de emprego, e as dos concellos son máis limitadas, o Pleno de hoxe, cos 14 votos do PSdG e o BNG e os 13 en contra do PP , aprobou unha moción solicitando do executivo  autonómico que as exerza as súas c ompetencias e cre en Vigo 5.500 postos de traballo.

O acordo adoptado demanda de Núñez Feijóo que exerza «as competencias de emprego ten transferidas» e que «atenda aos desempregados de Vigo«. Insta ademais á Xunta a «cumprir as promesas de crear 43.500 empregos en dúas semanas, deles 5.500 en Vigo» e a «utilizar os instrumentos que ten o goberno galega con eficacia para frear a crise e loitar contra o paro».

O texto da moción indica que «o Presidente da Xunta dixo que non tiña competencia no emprego, a pesar de recibir do Estado 350 millóns de euros, ainda con esto o Goberno da Xunta reduce, a pesar da crise, o seu orzamento nun 50%».

«O Goberno do PP e o señor Feijoó en Galicia destruiron 25.149 postos de traballo con 245.831 parados en Galicia, estando por riba da media de España. En Vigo destruiron 30.177, é dicir, 3 puntos por debaixo de Galicia gracias a política económica e de emprego do Alcalde Abel Caballero«, argumenta tamén a moción socialista, aprobada polo Bloque Nacionalista Galego, pese a que un dos seus concelleiros asegurou o xoves pasado no programa ’60 segundos’ de Televigo, que non podía garantir que o goberno local crease os mencionados postos de traballo. Eso sí, en ningunha parte da moción sinálase de qué xeito vanse a xerar os mencionados postos de traballo, nen se sinala investimento, actuación, plan ou proxecto algún para elo.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.