RGPD - Cookies
Comarcas Galicia

Non aceptan barco como animal acuático

A construción do novo aulario no CEIP Fermín Bouza Brey de Ponteareas en breve, xa concedido, non convence á Federación de Asociacións de Nais/Pais de Centros Públicos de Ponteareas. Os afectados aseguran que seguen faltando plazas para os nenos pensando de aquí en dez anos, polo que seguen a demandar un novo centro de Educación Primaria. E falan tras analizar o número de aulas por centro, de alumnos por aula, a capacidade, os servizos e condicións nas que se atopan os colexios, os nenos por idades empadroados, os nacidos nos últimos anos e a tendencia emigratoria.

Segundo os pais, a masificación dos nosos centros provoca que non se poida atender simultaneamente o elevado número de alumnos nas aulas, de forma que se garanten as condicións de calidade esixibles para a impartición da ensinanza; non existen espazos para desdobramento de grupos nin para actividades de apoio e reforzo pedagóxico, xa que son utilizados como aulas; e as instalacións da maioría dos centros están dotados de servizos para a metade dos alumnos que están matriculados no presente curso escolar.

Os pais consideran que esta nova ampliación do centro non resolverá nin as deficiencias existentes nin a falla de servizos.

También te puede interesar