Deportes

Un bronce en Holanda que sabe a gloria

Estaba pensado para optimizar a rodaxe de cara ao próximo nacional que se celebrará en Córdoba o vindeiro mes de abril. Pero o resultado foi mellor do previsto. Miguel Cobas (Natural Biomeganutrición Riveira) acadou unha medalla de bronce no Open de Holanda, que reuniu aos mellores taekwondistas de todo o mundo coa presenza das seleccións turcas e iranís, que aumentaron o nivel de competición deste prestixio torneo, da clase A, no que a Selección Galega Júnior de Combate competiu a un alto nivel.

Aínda que o único metal que se materializou en Eindhoven foi o de Miguel Cobas, o papel de case a totalidade do equipo galego foi bastante destacado alcanzando a maioría os cuartos de final (3 roldas), a excepción de María Domínguez, Adrián Jiménez, Leyre Arbizu e Efrén Alonso. Un tanto polémicos foron as arbitraxes recibidas por Óscar Peón, Adrián Jiménez e Miguel Cobas, pero ante a ausencia de vídeo replay non foi posible facer unha reclamación.

Agora a selección concentrarase con Guatemala e Portugal, acudirá ao Open de España e poderían acudir ao Open de Alemaña se se considerase oportuno, na preparación do Campionato de España.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.